O PSOE aposta por un desarrollo sostible en Armentón e comprométese a completar unha rede de sendas peonís
O
candidato Martín Seco destaca a importancia de continuar
co plan de mobilidade na parroquia e no conxunto do concello
co plan de mobilidade na parroquia e no conxunto do concello
O
PSOE continúa as súas visitas
aos distintos colectivos sociais e veciñais
do concello co fin de escoitar as súas demandas e inquietudes. Neste
caso, membros do grupo municipal e da candidatura socialista
mantiveron un encontro
cos veciños da parroquia de Armentón.
Na
devandita reunión, o portavoz do PSOE arteixán, Martín Seco,
adquiriu cos veciños o compromiso de continuar co plan de mobilidade
que se propuxo para todo o concello e insistiu
de novo na súa idea de crear un sistema
de transporte interparroquial
que posibilite un fácil acceso de todos os cidadáns ao centro
urbano e, con el, aos distintos servizos.
Así
mesmo, o candidato á alcaldía compartiu cos veciños de Armentón a
necesidade de completar
a rede de sendas peonís pola parroquia,
o que sen dúbida redundará na posta en valor dunha zona
cunha importante riqueza natural.
Neste
sentido, Martín Seco sinalou a importancia de respectar
a contorna cun desenvolvemento sostible
do mesmo, dando servizos á vez que se coida o medio ambiente e a
estrutura da zona.
Así,
os socialistas expresaron o seu compromiso de levar a cabo un
control de calidade ambiental e das agresións da insdustria,
cunha serie de medidas como a implantación dun sistema de
reutilización destes residuos.
Por
último, subliñaron a necesidade de crear unha rede de centros de
día de atención aos maiores do municipio, implantando pouco a pouco
este servizo en diferentes zonas do concello.