Martín Seco García (Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo): “A parroquia de Chamín esquecida e sen inversión para o goberno de Calvelo, necesita dun novo goberno que cumpra o prometido e dote de servizos”
O
candidato do PSdeG-PSOE de Arteixo á Alcadía de Arteixo, Martín Seco e os seus compañeiros
de partido reuníronse coa Asociación Cultural Deportiva Santa Eulalia de
Chamín, para analizar a situación da parroquia e as necesidades que viven nesta
parroquia do noso concello, e poder despois articular as medidas que sexan
necesarias dende un novo goberno do concello de Arteixo.
Son
múltiples os problemas que ten a poboación desta parroquia do noso concello,
que leva unha lexislatura observando como o goberno local do señor Calvelo
esquece a esta parroquia sen facer absolutamente nada por esta parroquia e os
seus veciños, sen tan sequera cumprir os compromisos iniciados polo anterior
goberno municipal.
En
Maio do 2011, o goberno anterior deixou alugada unha parcela fronte a escola da
Lagoa, xusto no límite entre Chamín e Sorrizo, co fin de acondicionala como
campo de fútbol para dita asociación e resto dos veciños destas parroquias, un
aluguer de só 100 euros ao mes, e xa existían documentos técnicos sobre as
instalacións a realizar, quedando só o remate do procedemento para que dita
asociación puidese ter o seu desexado campo de fútbol, pero o goberno local
tirou ao lixo o aluguer destes catro anos que pagou sen poñer en marcha
ningunha alternativa, para aqueles que contaban con esta instalación. Problemas
como a falla de un lugar de encontro para os veciños onde poder realizar
actividades e dar servizos, a falla de parques infantís e o estado lamentable e
perigoso do único existente, que foi denunciado ata en dúas ocasións polo noso
grupo, os problemas de seguridade vial nas súas vías, e a problemática do
transporte público que ten aos veciños de Santaia sen unha parada a unha
distancia mínima esixible, feito que foi denunciado en multitude ocasións polos
veciños durante esta lexislatura, foron temas que se trataron nesta cordial
reunión.
O
candidato á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco, púxose a disposición dos veciños
desta parroquia e en particular da A.C.D.Santa Eulalia de Chamín para rematar o
comezado polo anterior goberno socialista e a dotar a Chamín dos servizos que
merecen os seus cidadáns ao igual que o resto das parroquias do noso concello
se ten o respaldo dos veciños nas eleccións de Maio.