Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Solicitamos do grupo de goberno do PP a premura na instalación de iluminación no parque infantil do entorno do Centro Cívico e a separación do parque biosaludable das instalacións infantís deste lugar”


Dende o Grupo Municipal Socialista vemos como sorprendentemente despois de ter asistido a múltiples demoras para a remodelación nas obras do parque infantil do Centro Cívico de Arteixo, non se incluiu ningunha partida para a instalación de iluminación, co que no período invernal, moi extenso no noso territorio, teremos que ver como a partir de media tarde (fotos tomadas ás 18:30) os nosos rapaces non poderán utilizar ditas instalacións. Esperamos e desexamos que dende o grupo de goberno se poña solución rápida a mal planificación que fixeron desta obra para que os máis xóvenes poidan utilizar estas instalacións.

Por outra banda queremos poñer de manifesto os continuos problemas de incomodidade e inseguridade que causa a proximidade das instalacións infantís co parque biosaludable desta zona e solicitamos do grupo de goberno que aumente o parque infantil cara esta zona e traslade o parque biosaludable cara outro lugar onde o poidan utilizar os nosos veciños sen problemas.

Anterior
Anterior

Presentación de la candidatura a la Secretaría Provincial de A Coruña de Julio Sacristán, Alcalde de Culleredo.

Siguiente
Siguiente

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno local debe facer un esforzo para acabar coa delincuencia que padecemos día tras día no noso concello”