Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno local de Arteixo, debe publicar urxentemente na súa web o ESTUDIO INFORMATIVO PROLONGACION DO ACCESO AO PORTO EXTERIOR e avaliar a posibilidade de apoiar a ALTERNATIVA 0, que consiste en eliminar a peaxe da AG 55 en Sabón, a opción máis barata e beneficiosa para o noso municipio”
Unha
vez máis o goberno do noso concello volta a estar lento de reflexos
e non publica na web o ESTUDIO INFORMATIVO PROLONGACION DO ACCESO AO
PORTO EXTERIOR, o curioso é que non é a primeira vez que sucede e
pode parecer que non semella que a xente poida coñecer e alegar
contra un estudio que pode volver a interferir no noso territorio.
Dende o noso grupo solicitamos que se publique urxentemente na web do
concello e se proceda a informar aos veciños afectados por este
estudio, como se fixo co do acceso ferroviario ao Porto de Punta
Langosteira, e non se faga no derradeiro minuto como naquela ocasión.