Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno do señor Calvelo, ten esquecidos aos veciños da rúa Fonte da Horta no barrio do Alto de Arteixo”
Por outra banda os veciños están molestos pola falla de limpeza que o concello realiza na súa rúa, que non ten asignado un barrendeiro e non pasa a barredora por non ter beirarrúas no seu percorrido e polo tanto se pregunta porque pagan impostos como tódolos veciños do núcleo de Arteixo se non teñen dereito aos mesmos servizos básicos que o resto.
Por outra banda, denuncian a falla de control da concellería de medioambiente, ante a multitude de fincas sen limpar que teñen que aguantar os veciños sen que o concello actúe por iniciativa propia, sen ter que levar a cabo as denuncias pertinentes.
Dende o Grupo Municipal Socialista estamos fondamente preocupados polas continuas denuncias dos veciños de diferentes núcleos do noso municipio ante a ineficacia na xestión do grupo de goberno do señor Calvelo, máis preocupado de facer obras de cara a galería pero con baixa utilidade e ao mesmo tempo ter esquecidos a tódolos veciños e recuperamos as verbas do propio alcalde ao inicio de lexislatura, cando dixo que faría unha xestión preto dos cidadáns na rúa e nin se lle ve nin se lle espera facendo vida entre os nosos veciños, pechado no seu despacho ata a o período electoral que seguro que aparecerá.