Martín
Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Unha
vez máis, poñense de manifesto os problemas na xestión das axudas
sociais que facilita o goberno de Calvelo e consideramos
insuficientes os trocos na concesión das becas comedor que levan ao
pleno de mañán”
Unha vez máis,
e por enésima vez esta lexislatura, dende o Grupo Municipal
Socialista volvemos a poñer de manifesto os múltiples problemas que
xenera a concesión e cobro das axudas sociais que administra o noso
concello, como xa dixemos que outras ocasións, dende o principio de
lexislatura, o concello debería de articular un procedemento que
facilitase o pago dos servizos subvencionados sen necesidade de ter
que asumir o importante desembolso que teñen que facer inicialmente
algunhas familias, que non poden soportar economicamente dito adianto
e polo tanto, teñen que renunciar a estes servizos e ao cobro de
ditas subvencións.
Son varios
anos, pedindo que se articulen novas fórmulas para a concesión e
pago dos servizos subvencionados, pola implantación de bonos ou
algún sistema que permita que as familias non teñan que aboar as
cuantías inicialmente e vemos como neste pleno o goberno local fai
unha pequena variación no cobro do segundo prazo da subvención das
axudas ao comedor escolar, adiantando dito cobro de xullo a febreiro,
o que pon de manifesto que o goberno coñece o problema denunciado
polo noso partido e que pretende mellorar con este adianto, algo
completamente insuficiente para paliar os problemas de moitas
familias que teñen que soportar o peso da crise nas costas dos seus
fillos e que deberían de ter unha alternativa seria por parte da súa
administración, sobre todo despois de varios anos recibindo esta
denuncia por parte do noso grupo, o que semella que non quere amañar
o problema e así evita que moitas familias poidan acudir a cobrar
ditas axudas.
Tamén
queremos volver a denunciar como ano tras ano, se está a proceder
dun xeito incorrecto por parte de servizos sociais, no material
escolar que suministran en este departamento á xente sen recursos,
material que non responde en moitos casos ao solicitado polos mestres
e mestras dos colexios de Arteixo e que segue sendo suministrado en
bolsas de Arteixo Solidario, dun xeito completamente insensible cara
os usuarios, pedímoslle unha vez máis ao concello e xa van uns
cantos anos, que poida facilitar a tódolos veciños con problemas
económicos o material solicitado polas mestras e mestres dos nosos
centros educativos, por vía dalgún acordo ou convenio coas
librerías do noso concello que facilite o sistema e pedirlle ao
departamento de Ana Bello que non estigmatice aos usuarios, sendo
sensibles no material e no xeito de entregalo as familias que o
necesitan.