Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo solicitamos que se elabore con urxencia unha Ordenanza contra a Contaminación acústica, ruídos e vibracións, para salvagardar os intereses dos nosos veciños, especialmente coa chegada das novas e existentes infraestruturas ferroviarias, ademais solicita que dende o grupo de goberno se elaboren unhas “alegacións tipo”, para que o maior número de cidadáns posibles presenten as súas reclamacións contra o trazado 3 elixido polo goberno do PP en Madrid”


Ante cuestións como o estudio informativo de accesos ao novo Porto de Arteixo en Punta Langosteira sería desexable que o Concello tomase tódalas medidas oportunas para salvagardar a calidade de vida dos cidadáns do noso concello que teñen que sufrir a incomodidade destas infraestruturas, sería intelixente que o Concello de Arteixo tomase a iniciativa de elaborar con urxencia unha nova Ordenanza contra a Contaminación Acústica, Ruídos e Vibracións que sirva para poñerlle unha limitación, o máis restritiva posible para actividades que poidan supoñer un ruído ou vibración inaceptable para a nosa calidade de vida.

Dende o PSdeG-PSOE seguimos moi preocupados polo trazado elixido por Fomento no Estudio Informativo e como pode perxudicar enormemente a calidade de vida dos cidadáns de Santa Icía, Uxes, Roxiñas, Vilarodís e Rañobre se chegara a estar en funcionamento e tamén as parroquias de Pastoriza e Oseiro na súa construción, polo que se debería redactar e aprobar unha ordenanza que axude a botar abaixo as conclusións das conclusións deste estudio informativo.

Por outra banda o PSdeG-PSOE solicita do Goberno Local que poña a disposicións de tódolos veciños (colgado na súa páxina web) de un modelo tipo de alegacións contra o Estudio Informativo para que o maior número de cidadáns presenten as súas reclamacións para evitar que poida ser construído o trazado 3 ou calqueira dos outros tres nas condicións actuais sen uso de tuneladoras e sen as medidas correctoras que fan posible unha calidade de vida axeitada para os afectados.

Anterior
Anterior

Ana Cedeira (Voceira da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Mentres o alcalde pinta unha postal idílica o parque do Monticaño segue abandonado polos nosos dirixentes, con fugas de auga dende fai días”

Siguiente
Siguiente

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Calvelo únese ao intento de pucherazo do PP no Congreso dos Deputados, tratando de gobernar a toda costa aínda que sexa sen o apoio da maioría dos cidadáns”