Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Esixo do goberno local que troque a súa folla de ruta e avale a decisión tomada polos 8 colectivos veciñais, convocando en horario de tarde a todos os partidos e colectivos afectados a unha reunión urxente, para falar do acceso ferroviario a Punta Langosteira e as medidas a adoptar dende a nosa administración local”
Dende o PSdeG-PSOE esiximos que o alcalde Calvelo adapte a súa folla de
ruta á solicitude feita por todas as asociacións veciñais afectadas
polas obras do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Punta
Langosteira, convocando de urxencia, esta semana que ven, a todos os
partidos políticos e asociacións afectadas, a unha reunión en horario de
tarde para tratar cales son as medidas a tratar dende a nosa
administración ante o estudio feito público polo Ministerio de Fomento
gobernado polo Partido Popular.
Non entendemos porque o alcalde
decide continuar coa súa propia folla de ruta, reuníndose individual e
discriminadamente con quen quere, e dándolle as costas á solicitude
feita polos colectivos afectados, excepto que non conte con nós para
elaborar as alegacións a dito proxecto e que trate só de que avalemos as
iniciativas que tomen eles individualmente ante un problema que xerou o
seu partido dende o goberno de Madrid, o que si anunciamos é que o noso
grupo non asistirá a ningunha reunión co goberno municipal, como
pretende o señor alcalde, se non é coa participación dos colectivos
sociais que participaron o outro día na reunión de Uxes e esiximos que
sexan os propios funcionarios do noso concello os que elaboren as
alegacións ao proxecto de Fomento, seguindo os criterios que saian de
dita reunión e non os encargos sesgados dun único partido político.
A política hai que facela cóbado con cóbado coa veciñanza e contando
coa colaboración dos colectivos que traballan polo desenvolvemento da
nosa sociedade e non facela ás costas destes, evitando informar e dar
participación aos verdadeiros afectados polas nosas decisións. Dende o
noso grupo non temos dúbidas de a quen se debe convocar para participar
activamente nesta toma de decisións e saben que contan co noso apoio
para que o concello faga unhas alegacións boas para o noso territorio e a
nosa calidade de vida.