Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “As embarazadas de Arteixo para ter consulta coa matrona, teñen que ir ata dúas veces a Laracha ”
Onte chamounos unha rapaza da parte norte do noso concello que está embarazada e ten que pasar consulta coa matrona no mes de Setembro, atopándose xa na parte final do seu embarazo, cando acude ao Centro de Saúde Arteixo para solicitar dita cita, infórmana moi educadamente, que non haberá matrona nesas datas por atoparse de vacacións e que o SERGAS non vaia a cubrir dita ausencia, polo que ten que pedir cita no Centro de Saúde de Laracha, esta rapaza pregúntalles se lle poden facer esa xestión dende o seu centro médico, pero a informan dicindo que ten que ser ela que pida a cita e lle facilitan un teléfono de contacto, esta veciña de Arteixo chama insistentemente ao número facilitado e non contesta ninguén, seguramente debido a que tampouco se están a cubrir as baixas e vacacións dos administrativos do SERGAS e ten que desprazarse embarazada ata Laracha para solicitar a cita coa matrona de Setembro, desprazamento que terá que repetir no mes de Setembro para a consulta, por certo dito desprazamento teno que pagar do seu peto se ten a posibilidade e se non terá que quedar sen poder visitar á matrona na parte final do embarazo. Por certo, as embarazadas de Laracha terán que facer o mesmo desprezándose ata Arteixo durante este mes de Agosto.
No pleno do mes pasado dende o Grupo Municipal Socialista presentamos unha moción onde se pedía que se cubriran as baixas e vacacións dos profesionais do sistema de saúde porque non se pode desatender a poboación nos meses de verán e dende o Partido Popular se apoiou a aprobación desta iniciativa, o alcalde Calvelo ten a posibilidade de facer que os seus compañeiros do PP na Xunta de Galicia ordenen a contratación de substitutas/os no servizo de matronas para evitar que unha poboación de máis de 30.000 habitantes e cun índice de natalidade dos máis elevados de Galicia non quede desatendido, se non o fai, só quedarán bonitas palabras no seu compromiso.