ROGO ESIXINDO DO GOBERNO LOCAL DO PP QUE CONVOQUE AS PRAZAS MÁIS ANTIGAS DE LIMPADORAS, CONSERXES E OPERARIOS QUE ESTÁN SIN CONVOCAR
Fai unhas datas desde este grupo preguntamos ao grupo de goberno pola legalidade das prazas convocadas o 18 de Marzo de 2014 e se estas pertencían as OEP previas ás modificacións lexislativas que o PP de Mariano Rajoy puxo en funcionamento e que restrinxen ditas ofertas de emprego público e dende o Grupo de Goberno se nos contestou que eran todas conforme á Lei, polo que dende o noso grupo non imos a poñer en dúbida a palabra do Concelleiro de Persoal que en todo caso será o responsable dos problemas que isto traería consigo se non fose así.
Onde faltou a verdade o Concelleiro de Persoal foi cando o noso grupo lle preguntou por esta convocatoria e utilizou como argumentación que esta convocatoria foi feita co acordo da Mesa Xeral de Traballadores do Concello de Arteixo, xa que os sindicatos maioritarios nesta mesa solicitaron insistentemente que as prazas se convocaran por rigoroso orden de antigüidade e isto non está a suceder así.
O día 18 de Marzo se convocaron as seguintes prazas: 2 de psicólogos, 2 traballador/a social, 1 orientador/a laboral, 1 animador/a cultural e 1 monitor/a de cociña.
Por un lado vemos como as prazas de orientadora laboral que debería de ser a sétima en saír e a de psicólogos que deberían de ser as novenas son convocadas e contradín o solicitado pola mesa xeral, deixando aos OPERARIOS que son as segundas prazas en antigüidade, os CONSERXES que son as terceiras e as LIMPIADORAS que son as cuartas sen convocar.
Dende o noso Grupo cada día temos máis claro que o Grupo de Goberno do PP quere amortizar estas prazas de especialistas e non cualificados para privatizalas nun futuro e deixando sen a posibilidade de acceder as prazas a moitos traballadores que levan prestando os seus servizos ao noso concello dende fai moito tempo.
Por todo o exposto, ROGAMOS ao Goberno Local:
• Que cumpran o solicitado polos sindicatos maioritarios na Mesa Xeral de Traballadores Públicos do Concello e convoque sen demora as prazas de Operarios, Conserxes e limpadoras