“O PSdeG-PSOE aposta pola actividade no Porto Exterior de Arteixo pero esixe que se tomen as medidas medioambientais e de seguridade para dita actividade, ante iso estamos preocupados pola inactividade do noso alcalde e o concelleiro de medioambiente que semellan non estar preocupados pola futura calidade de vida dos cidadáns de Arteixo”


O PSdeG-PSOE ven de presentar por iniciativa da Agrupación local de Arteixo e por vía da nosa deputada no Parlamento de Galicia, responsable de medioambiente, Patricia Vilán, unha bateria de preguntas, para preguntarlle ao goberno de Galicia,  como se están a levar a cabo as descargas de clínker e que se tomen as iniciativas oportunas para que se fagan nas condicións axeitas de respecto pola seguridade e saúde dos nosos cidadáns e con respecto ao noso medioambiente.

Nesta derradeira descarga, puidemos observar a cantidade brutal de polvo que se formaba,  sen que dende o Concello siga sen mover ficha para evitar que estas descargas se leven a cabo sen as medidas correctoras que eviten que os noso veciños teñan que sufrir as nubes de polvo que se producen. Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo estamos moi preocupados porque descoñecemos se estas descargas se están a facer coas autorizacións oportunas.

Ao mesmo tempo que isto sucedía a auga nos nosos areais estaba dun color sospeitoso (como puidemos observar na praia de Barrañán) e moito nos tememos que sexa debido a ditas descargas, co que se fai completamente necesario que a Xunta de Galicia esixa da Autoridade Portuaria que se tomen as medidas correctoras axeitadas para que non se produzan esas nubes de polvo, adaptando as instalacións con algún mecanismo de captación tipo medusa, para iso contamos coa presenza do noso Alcalde no Consello do Porto de A Coruña e esperamos que faga algo máis que ir a cobrar ás súas reunións o mesmo que esperamos do Concelleiro de Medioambiente que segue sen facer nada por traballar polo noso entorno trala adxudicación dunha golosa dedicación exclusiva que non ten visos de ser xustificada.







Anterior
Anterior

“O Grupo Municipal Socialista felicítase pola noticia aparecida nalgún medio de comunicación de que se fixeron caso das alegacións presentadas polo noso partido e a Xunta reduciu nun 70% a ampliación do Polígono de Morás que figuraba no Plan de Parques Empresariais de Galicia”

Siguiente
Siguiente

“Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en Arteixo seguímonos preguntando para que vale a dedicación exclusiva do Concelleiro de Medioambiente ante a inactividade deste departamento e denunciamos a aparición doutro vertedoiro ilegal en Oseiro e a falla de coidado nas beirarrúas que unen Pastoriza e Oseiro que están infranqueables coa invasión incontrolada de Cortadeira Selloana (plumeiro da pampa)”