“O Grupo Municipal Socialista de Arteixo destina o custe da comida de maiores á Campaña de Nadal de axuda aos necesitados que fai CÁRITAS



O Grupo Municipal Socialista anunciou no Pleno de Novembro que non asisitiría á comida de maiores que por primeira vez será completamente gratuita e que xa ten máis de 1000 aistentes cun custe de 28,60 euros por persoa. Non entendemos como nestos tempos de grave crise que vive o noso municipio con máis de 3400 parados e con moitas familias ao borde da exclusión social se pode permitir o señor Calvelo o luxo de facer un derroche destas características nuha comida lúdica. Ademais os dirixentes do concello minten cando din que está comida ven subvencionada pola reducción de salario que implantou o seu presidente o señor Rajoy eliminando a paga extraordinaria de Nadal para os traballadores públicos que eles adoptaron pola vergoña de ver como se lle reducían os soldos a traballadores municipais que cobraba infinitamente menos que eles.

En días posteriores a dito anuncio CÁRITAS criticou a celebración desta comida gratuita e denunciou a situación insostible pola que estaba pasando o noso concello con relación as axudas que tiña que realizar esta ONG cun número elevadísimo de familias sen que o concello fixese ningún esforzo en combater a lacra da pobreza e a exclusión social, o noso grupo ven poñendo de manifesto en reiteradas ocasións, que o señor Calvelo e o seu grupo de goberno, dilapidan o presuposto e un remanente de 19 millóns de euros en media lexislatura en gastos completamente innecesarios mentres que os cidadáns esperan que o goberno local se acorde das súas dificultades e poña imaxinación e ideas na solución de pobreza que estamos a vivir.

Gastos en soldos astronómicos como o da concelleira de Economía, en persoal de libre designación, en proxectos, en contratacións externas, en obras innecesarias e extrañas gratificacións a só algúns traballadores municipais mentres o gasto social mengua e as necesidades cada día son maiores.

Dende o noso grupo queremos anunciar que destinaremos o custe de dita comida a participar na Campaña de Nadal de CÁRITAS e que presentaremos unha bateria de medidas contra a pobreza e exclusión cando sexan presentados os presupostos e se estos non incluen as medidas oportunas para loitar contra a lacra da crise.



Anterior
Anterior

“Duas semanas despois das declaracións de Patricia Amado, persoal de confianza do señor Calvelo, seguimos sen escoitar as desculpas pertinentes ou que alguén do goberno ou ela mesma tomasen decisións sobre a súa continuidade como responsable en Servizos Sociais"

Siguiente
Siguiente

O goberno municipal lamenta a ausencia dos tres concelleiros socialistas na tradicional comida do nadal.