TEMOS FUNDADAS SOSPEITAS DE QUE O SEÑOR CALVELO ESTÁ DETRÁS DOS DESPIDOS DA EMPRESA XENTES, PARA FACERLLE PAGAR COS SEUS EMPREGOS ÁS REIVINDICACIÓNS DALGUNHAS TRABALLADORAS, PARA QUE LOGO EULEN CONTRATATE NO SEU SITIO A PERSOAS CERCANAS AO PARTIDO POPULAR
Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo, temos fundadas
sospeitas de que os cinco despidos de traballadoras no servizo de Axuda no
Fogar do Concello de Arteixo que está a realizar a empresa XENTES, están sendo dirixidas
polo Alcalde do noso concello, o señor Carlos Calvelo, para desfacerse daquelas
traballadoras que se movilizaron en contra dos impagos e incumplimentos da empresa
adxudicataria do servizo.
Se
non como se poderían entender as formas do señor Alcalde, acusando a ditas
traballadoras de estar politizando unha situación de conflicto social, na que
levan sufrindo máis de dous meses de impago das súas nóminas e como é posible que
non se tivera reunido cos seus representantes sindicais en todo este tempo de
conflicto, única reivindicación deste colectivo para desconvocar os paróns dos
últimos tempos. Como se pode entender, que unha empresa que acepta a rescisión pactada
do contrato para o día 15 de Outubro, esté a semana antes de deixalo, botando a
traballadoras pola vía do despido improcedente, cos posteriores problemas
legais que esto lles pode causar.
O
único razonable, son os motivos políticos do señor alcalde, e os seus
comportamentos máis propios da Italia de Mussolini que dunha administración
democrática. Dende o noso punto de vista sospeitamos que Carlos Calvelo, por
via da empresa XENTES, busca con este movemento, castigar a aquelas
traballadoras que máis reivindicativas se mostraron coa sua situación, para
posteriormente darlle a xestión do servizo a empresa EULEN, sen que os grupos
da oposición saibamos baixo que motivacións se lle encarga a esta empresa este
cometido e se consultaron con algunha empresa máis esta posibilidade, información
que levamos pedindo por activa e por pasiva nos últimos tempos coa solicitud da
celebración dunha Xunta de Voceiros. O que sabemos no PSOE, é que EULEN vense
situando nos últimos tempos moi próxima ao Partido Popular e en especial a o PP
da Coruña e non nos extrañaría que nos postos das traballadoras despedidas, aparecesen
enchufadas persoas cercanas ao seu partido político.
Dende o Partido Socialista, queremos
facer un chamamento ao señor Alcalde, para que se é certo o dito no seu perfil nas
redes sociais, onde pon que non ten nada que ver nestos despidos, se comprometa
a mediar, para que a partir de este luns a empresa que xestione temporalmente
este servizo, subrogue tamén ás traballadoras despedidas, para continuar cun
traballo que facían correctamente ata a chegada da empresa “Galicia Saudade” e
as súas irresponsables formas de traballar. Se non o fai, o Partido Socialista
como lle dixo nos plenos do concello, tomaremos medidas para que os nosos
veciños saiban dos modos de actuar do seu alcalde e a que tipo de personaxe
antidemocrático teñen como dirixente.
Non é comprensible que nun pobo con máis de
3500 parados e sen ningún plan especial da Xunta de Galicia para parar esta
sangría, as solucións do grupo do señor Calvelo, sexan que unha empresa que
xestiona un servizo municipal, bote á rúa a aqueles que non obedecen servilmente
aos nosos dirixentes, para darlle posteriormente a xestión a unha empresa
cercana ao seu partido, que contrate aos seus amigos, como se o concello se
tratase dunha finca privada do Partido Popular.