O PSDEG-PSOE DENUNCIA QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA DEIXOU TIRADOS NO COLEXIO AOS NENOS DA PARADA DO IGLESARIO NO ALTO DE ARTEIXO, SEN AVISAR DESTA SITUACIÓN AOS SEUS TITORES
O pasado pleno do mes de
Setembro, o Grupo Municipal Socialista fixo unha denuncia ao señor Alcalde da situación que tiveron que vivir os nenos usuarios do bus escolar que ven dende
Larín ata o CEIP Ponte dos Brozos, situación debida aos múltiples recortes da
Xunta de Galicia en materia de Educación, que fixo que os nenos tiveran que
baixar sentados nos pasillos do bus, por ter asignado un microbus para este
traxecto e non ser suficiente para o número de usuarios que o utilizan, dende o
noso grupo calificamos esta situación acontecida o mes pasado de falla de
respeto aos nosos veciños, ante unha situación de evidente inseguridade para os
nosos menores que poideron sufrir un accidente debido a esta situación.
Onte tivemos que soportar outra
situación que debería de facer reflexionar aos nosos dirixentes do PP na
Consellería de Educación e debería de facer que o noso alcalde tomase medidas
para denunciar os feitos que están a suceder debidos aos recortes que afectan
aos nosos servizos como é o transporte escolar. Os nenos que foron recollidos
polo transporte escolar na parada do Igrexario no Alto de Arteixo e que
posteriormente foron deixados no CEIP Arteixo, foron abandonados no Colexio a
hora de voltar para a parada deste punto do noso concello, poñendo de disculpa
que esta parada fora eliminada do roteiro que efectua ese bus escolar, e
deixando aos nenos tirados nas instalacións do Colexio e sen que ninguén lle
comunicara aos pais esta nova situación.
Dende o
noso partido estamos indignados pola mala educación existente nos dirixentes da
Consellería de Educación que permitiron que os menores se quedaran tirados no
Colexio sen que ninguén de explicacións sobre o ocurrido e esperamos que o
alcalde faga valer os dereitos dos nosos cidadáns e que denuncie ante a
Consellería a campaña de recortes que a Xunta de Galicia está facendo no noso
Concello e que medie para darlle solución a estes menores que quedan nunha
situación vergoñenta para a nosa sociedade sen poder utilizar o transporte
escolar nun punto onde sempre existiu unha parada.