Proposta do PSdeG-PSOE para reducir gastos en Galicia ante o pucherazo que quere dar Feijoo no Parlamento de Galicia escudándose nun recorte do gasto eliminando parlamentarios



DECLARACIÓN PROPOSTA REDUCIÓN DE DEPUTADOS NO PARLAMENTO GALEGO


A proposta de redución de 75 a 61 deputados no Parlamento Galego realizada por Feijóo é o maior atentado contra a democracia e a soberanía popular que nunca plantexou ninguén en Galicia.

Feijóo válese da situación de crise económica para rebaixar a representatividade cidadá no Parlamento Galego e perpetuarse no poder.

O Parlamento Galego é a institución máis esencial de Galicia. Nel reside a soberanía popular e calquera cambio que se queira introducir debe facerse co consenso maioritario da cidadanía e dos partidos políticos que os representan.

O Parlamento Galego está por riba de calquera interese partidista ou coxuntural, e non pode ser utilizado de ninguna maneira como parapeto da pésima xestión nesta lexislatura de Feijóo e moito menos como estratexia para conseguir revalidar a maioría absoluta da que goza e que ten perdida neste momento.

Por todo isto, o PSdeG oponse frontalmente a esta reforma disfrazada de operación de aforro, cando é un auténtico “pucheirazo” para incrementar o valor do voto das circunscripcións máis favorables ao PP en detrimento do voto das circunscripcións menos favorables ao PP.

É unha operación para conseguir a maioría a costa de rebaixar a representatividade da cidadanía, e isto é cambiar as regras do xogo unilateralmente, para converter o Parlamento nun instrumento máis ao servizo de Feijóo e non da cidadanía, que é a súa función.

Con esta reforma Feijóo degrada a Cámara da soberanía popular de Galicia para transformala na Cámara da soberanía do Partido Popular.

É inaceptable e para esta farsa non vai contar co apoio do PSdeG.

Aquí non estamos falando da saída da crise, estamos falando da aniquilación da democracia.
Non se trata dunha medida económica, se trata dun amaño electoral: un burdo amaño electoral para garantir a maioría absoluta do PP, que agora mesmo ten perdida.

Esta proposta de Feijóo é inaceptable porque:

• Racha o consenso democrático das regras de participación.

• Reduce a representatividade e calidade da nosa democracia.

• Castiga o valor do voto en función de onde vive cada cidadán.

Pero, ao mesmo tempo, queremos realizar unha proposta concreta para conseguir máis aforro sen degradar a democracia.

PROPOSTA

1. Manter os 75 deputados/as actuáis, gastando o que costarían 61.

É dicir, 5 millóns de euros/ano.

Cada deputado/a costaría 66.666 euros/ano fronte aos 80.000 euros/ano actuáis, cunha redución de 16,67%.

Actualmente, o custe é de 6 millóns de euros/ano.

Aforro: 1 millón de euros/ano. 4 millóns de euros na lexislatura.

2. Supresión da diferenza salarial da Presidencia e Membros da Mesa con respecto ao resto dos deputados/as.

Aforro: 200.000 euros/ano.

800.000 euros lexislatura

Non pode ser que a Presidenta do Parlamento gañe prácticamente o dobre que calquera deputado/a: 108.397 euros/ano fronte a 57.735 euros/ano.

Non pode ser que a Presidenta do Parlamento gañe un 88% máis que calqueira deputado/a e un 50% máis que o presidente da Xunta.

3. Reducir a partir de 1 de setembro o número de asesores a dedo a unha terceira parte:

PRESIDENCIA:

De 46 asesores a 15 asesores.

De 2,3 millóns de euros/ano a 760.000 euros/ano.

Aforro: 1,5 millóns euros/ano.

6 millóns euros/lexislatura.

XUNTA:

De 95 asesores a 32 asesores.

De 4,7 millóns de euros/ano a 1,5 millóns euros/ano

Aforro: 3,2 millóns euros/ano.

12,8 millóns euros/ano

4. Pechar o Palacete da Xunta en Madrid:

Aforro: 500.000 euros/ano

2 millóns euros/lexislatura

Todo isto supón un aforro real de 6,4 millóns de euros/ano e 25,6 millóns de euros na lexislatura.
Anterior
Anterior

Máis humor da actualidade Arteixá con Cheíño

Siguiente
Siguiente

O PSOE APOSTA POLA CONTINUIDADE DOS 400 EUROS DO "PLAN PREPARA" QUE COBRAN OS PARADOS, E QUE RAJOY QUERE ELIMINAR