O PSdeG-PSOE de Arteixo presentará alegacións a Ordenanza das Praias para apoiar aos naturistas e non criminalizar os veciños con penas gravosas por actuacións leves


Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “O PSdeG-PSOE de Arteixo presentará alegacións á Ordenanza de uso das praias do noso Concello para apoiar ao colectivo naturista nas súas pretensións legais e intentar flexibilizar e non condenar a penas gravosas certos usos cidadáns”


Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo xa nos pronunciamos no Pleno Extraordinario deste mes, contra a necesidade de poñer en funcionamento unha Ordenanza de Uso das nosas praias e solicitamos do Grupo de Goberno do PP, que retirase este documento que trata de impoñer normas nun sector que non contaba con problemas no noso Concello e que debería de seguir do mesmo xeito, sen necesidade de crear unha Ordenanza restrictiva que despois pode ser difícil cumplir ou facer cumplir. Aqueles usos irregulares e abusivos dos nosos espazos públicos, como son as nosas praias, poden impedirse por medio dos nosos servizos de seguridade como son as forzas e corpos de seguridade do Concello e do Estado e non ter que regulalo absolutamente todo só por dar no gusto a aqueles que dan e quitan bandeiras azuis.

            Dende o noso Grupo, visto que o Grupo de Goberno do PP non procedeu a retirar dita ordenanza, optamos por abstenernos na sesión plenaria, para poder presentar alegacións a dito texto e así o faremos en vindeiras datas, intentando flexibilizar e non condenar a penas extremadamente gravosas a aqueles cidadáns que incumplan algunhas normas de conducta, como o uso de reproductores musicais nas praias, a instalación de utensilios para gardar sitio nas praias, os xogos deportivos, ou a práctica de surf ou windsurf.

   Ademais xa anunciamos que apoiaremos as reivindicacións feitas polo colectivo naturista, facendo nosas as alegacións presentadas por dito colectivo e que tratan de evitar que se criminalice o naturismo nas nosas costas, actividade avalada polas distintas instancias xurídicas nas anteriores denuncias que presentaron onde intentaron criminalizalo seu comportamento e sempre por motivos de tipo moral.
Anterior
Anterior

O PSdeG-PSOE DE ARTEIXO TRATARÁ NO VINDEIRO PLENO ORDINARIO A GRAVE SITUACIÓN DA OMIC (OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR) NO NOSO CONCELLO.

Siguiente
Siguiente

Patxi López convoca eleccións no País Vasco. Recibe a sorte que mereces compañeiro