NOTA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE ARTEIXO SOBRE O SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO
Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “No Grupo
Municipal Socialista preguntámonos porque o alcalde segue sen tomar ningunha medida contra a
empresa que xestiona a axuda a domicilio, antes de que a situación se volva
insostible como en sada, o grove ou vilagarcia ”
Dende
o Grupo Municipal Socialista levamos
posto de manifesto nas últimas datas, os continuos incumplimentos da empresa
Galicia Saudade “XENTES”, concesionaria do servicio de axuda a domicilio no
Concello de Arteixo, coas suas traballadoras e polo tanto coa calidade do
servizo que poden realizar: A falla dun local axeitado, a falla de material de
traballo ou a baixa calidade deste, a falla de respecto polos representantes
dos traballadores, o incumplimento nas subrogacións, e os continuos retrasos no
pago dos salarios das traballadoras, son situacións que o alcalde do noso
concello non debería permitir.
Pero lonxe de actuar contra esta
empresa o alcalde segue sen tomar ningunha medida, nun servizo que se adxudicou
por debaixo dun prezo axeitado para a sostenibilidade económica da empresa
concesionaria, que temerariamente ofertou incluso por debaixo deste. A
situación agrávase día tras día, e esta empresa xa veu como se lle rescataba
este mesmo servizo no concello do Grove, as denuncias en Vilagarcia foron
calificadas de moi graves e no Concello
de Sada as traballadoras levan máis de 6 meses sen percibir as súas nóminas,
polo que só podemos esperar que a nosa situación camiñe hacia o mesmo final e
teñamos que ver como a situación laboral das traballadoras de Arteixo se volva
insostible e con ela a calidade dun servizo de vital importancia para o noso
concello, como é a asistencia dos noso maiores e dependentes.
Dende
o noso Grupo solicitamos unha vez máis ao noso alcalde e o seu grupo de goberno
do Partido Popular, que faga os trámites necesarios para rescatar este servizo
e que o volva a poñer a concurso cuns prezos axeitados e dignos para un
concello saneado económicamente, que debe utilizar o remanente para darlle unha
mellor calidade de vida aos nosos veciños e máis a aqueles que maiores
problemas atesoran e non utilizalo para despilfarros como está facendo ata o
momento.
Ademais
preguntámonos cal é a vinculación desta empresa ao Partido Popular da comarca
da Coruña para que os alcaldes de Sada e Arteixo estén aguantando esta
situación sen tomar medidas ao respecto. Estas preguntas e rogos levaremos ao
pleno.
Asdo:
Martín Seco García
Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo