“En só dez meses, o goberno do señor Calvelo volta a practica do clientelismo máis ruin da anterior época do PP de Arteixo”

Dende o Grupo Municipal Socialista, queremos denunciar a política clientelar que o señor Calvelo e o seu grupo de goberno levan a cabo nos dez meses que levan gobernando Arteixo e que nos retrotraen a experiencias anteriores vividas nos anteriores gobernos do PP en Arteixo.

O continuo trato desigual que están a levar a cabo dende certos departamentos deste Concello, como por exemplo no urbanístico ou o de obras, cheira a caciquismo do máis reaccionario. Ante as denuncias feitas polo Grupo Municipal Socialista polas obras que estaba a realizar algunha empresa importante sen obter todavía licenza para poder facelo, atopámonos como cunhas solicitudes feitas nas últimas datas, nalgún caso en Febreiro deste ano, durante a semana do 26 de Marzo ao 1 de Abril procedeuse a darlle licenza, ante a visualización do expediente por parte deste concelleiro, que observou como se realizara unha obra sen licenza para levalo acabo, e nos preguntamos se todos aqueles veciños que solicitaron licenza para algún tipo de obra previamente a esta empresa foron despachados coa mesma dilixencia que o poderoso empresario, co que concluímos que esta obtención de licenza saltouse outras precedentes por un comportamento clientelar do señor Calvelo e compañía.

Ou as obras realizadas nun muro privado na parroquia de Morás a conta das arcas de tódolos veciños ou o traslado do olivo de Morás pertencente á propiedade da Igrexa e que todos pagamos, dende o Grupo Municipal socialista preguntámonos se este é un comportamento clientelar ou se lle pagan a tódolos veciños as obras que realizan nas súas casas.

Ou a ampliación das prazas na Escola municipal de música por querer agradar a veciños cercanos ao Partido Popular, sen preocuparse de empeorar a calidade da formación que dan en dita instalación municipal, que dende o grupo socialista nos preguntamos se é unha actitude clientelar ou non o é.  

O trato desigual que o concello ten coas asociacións veciñais do Concello de Arteixo dependendo da súa crítica á xestión dos dirixentes do PP de Arteixo, dende o Grupo Socialista preguntámonos se é un trato clientelar cos que aplauden en relación cos outros ou só parécenolo.

O señor Calvelo antes de colgarse medallas de ter acabado co clientelismo neste concello, debería de informarse de que é un trato clientelar e noutras moitas cousas que demostra non estar preparado para o cargo que obstenta, tanto nas súas aptitudes como nas súas actitudes ante os seus veciños.
Anterior
Anterior

"O goberno do PP desnaturaliza o Arteixo Solidario convertíndoo nunha Gala Benéfica"

Siguiente
Siguiente

“En só dez meses, o goberno do señor Calvelo volta a practica do clientelismo máis ruin da anterior época do PP de Arteixo”