Moción sobre a Reforma Laboral para o Pleno de Marzal


MOCIÓN

EXPOSICIÓNS DE MOTIVOS:

As disposicións contidas no Real Decreto- Lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, aprobado polo Goberno de España van a ter, no caso de que sexan aprobadas polas Cortes Xerais, consecuencias moi negativas sobre os dereitos dos traballadores.

  1. A reforma pretende que o despido sexa a opción mais fácil para que unha empresa mellore a súa competitividade. A reforma traerá mais paro: nun momento de recesión como o que estamos vivindo unha reforma laboral como esta, solo sirve para facilitar e abaratar o despido, para facilitar mais a destrución de postos de traballo, pero non para incentivar a contratación. Ademais está pensada por un Goberno que carece de unha axenda de reformas para impulsar o crecemento. O Goberno solo ten unha axenda de axuste, de tripla axuste. Axuste presupostario, axuste de rendas de traballo (subida do IRPF) e axuste nos dereitos dos traballadores.
  2. A reforma supón un retroceso dos dereitos dos traballadores porque:

    • Xeneraliza o abaratamento do despido a 20 días, ao vinculala a unha situación habitual no ciclo recesivo da economía, como é a caída durante tres trimestres dos ingresos (independentemente de que os beneficios aumenten).
    • Abre a porta a unha rebaixa xeral dos soldos sen necesidade de acordo. A reforma laboral reforzará o poder dos empresarios nas relacións de traballo. Terán mais doado modificar as condicións laborais ata o punto de que poderán baixar o soldo aos traballadores sen necesidade de acordo simplemente por razóns de competitividade ou produtividade.
    • Crea un novo contrato con bonificacións que permite o despido libre e gratuíto durante o primeiro ano. Este contrato desvirtúa completamente o período de probas e pode provocar unha xeneralización de contratos formalmente indefinidos pero que, na practica, non duren mais dun ano ou que conclúan os tres anos cando finalice as bonificacións.
    • Abre o camiño dos despedimentos colectivos no sector público. Esta reforma afecta a un millón de empregados públicos, porque non só incumbe aos que traballan nas empresas públicas, senón tamén ao persoal laboral contratado directamente polos concellos, as comunidades autónomas ou os propios ministerios.

  1. A reforma anula a capacidade de negociación dos sindicatos para defender os dereitos dos traballadores.

Unha gran reforma laboral precisa do pacto dos axentes sociais para ser garantía de éxito. Á que presentou o Goberno facilita a inaplicación do pactado nos convenios (“descolgues”). Establécese un procedemento para saltarse o disposto nos convenios, similar, pero mais doado, que o que se pode usar para o despedimento por causas económicas. Suprime a autorización da autoridade laboral dos expedientes de regulación de emprego (ERE), co que se reduce seriamente a capacidade dos sindicatos á hora de negociar e se asume un risco engadido de xudicialización das relacións laborais.

En definitiva, a reforma laboral non vai resolver a grave crise que sofre a economía española e non vai rebaixar a alta taxa de paro existente. O que si vai supoñer é unha degradación das condicións de traballo, un empobrecemento da poboación e un ataque á cohesión social.

A reforma proposta vai derivar en incremento do número de despedimentos e rebaixas nos soldos dos traballadores que afectará moi negativamente ao consumo das familias, deprimirá a demanda interna e en consecuencia producirá diminucións do Produto Interior Bruto que á súa vez supoñerá máis desemprego.

A reforma é ineficaz, dende a perspectiva do emprego, porque favorece o despedimento e con el o aumento do desemprego. É inxusta, porque os traballadores perden dereitos e porque dá todo o poder aos empresarios sobre os traballadores creando ademais inseguridade nos traballadores.
Polo exposto, o Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para que este adopte os seguintes ACORDOS:

1.    Pleno Municipal do Concello de Arteixo insta ao Goberno de España a presentar no Congreso dos Deputados un proxecto de lei alternativo e pactado cos axentes sociais e as forzas políticas que teña como obxectivo a creación de emprego de calidade e a estabilidade no emprego.

2.    O Pleno Municipal do Concello de Arteixo dará traslado da presente Moción ao Presidente do Goberno, á Ministra de Emprego, ao Presidente do Congreso dos Deputados, aos/ás Voceiros dos Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados e aos/ás representantes dos axentes sociais.
Anterior
Anterior

Troco na Xunta de Goberno Local para repartir asignacións entre os concelleiro do PP

Siguiente
Siguiente

Solicitude de todolos grupos da oposición TEGA, BNG e PSdeG-PSOE do troco de data do pleno ordinario por ser o día da folga xeral