Moción da Plataforma SOS Sanidade Pública


MOCIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
 Plataforma SOS Sanidade Pública está a promover unha Iniciativa LexislativaPlataforma SOS Sanidadevía iniciativa popular, é frear esa tendencia privatizadora mediante a defensa e promoción da sanidade pública galega como garantía para a efectividade do dereito
ACORDOS
 Manifestar o apoio do Pleno do Concello á Iniciativa Lexislativa
SEGUNDO-
esta iniciativa.

Animar aos veciños e veciñas do noso concello a colaborar con
TERCEIRO-
Sanidade Pública como servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a
xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza
Instar á Xunta de Galiza e á Consellería de Sanidade a garantir a
PRIMEIRO-
Popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e dar traslado do mesmo
á presidenta do Parlamento de Galiza.

:
A
Popular (ILP) coa finalidade de deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade
Pública impulsada polo actual Goberno Galego e co fin de garantir o dereito constitucional
á protección da saúde dos galegos e galegas.

O artigo 43 da Constitución recoñece o dereito á protección da saúde,
correspondendo aos poderes públicos organizaren e tutelaren a saúde pública, mediante
as medidas preventivas, as prestacións e os servizos necesarios. É competencia da
Comunidade Autónoma de Galiza, o desenvolvemento lexislativo e a execución da
lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior, así como en materia de
Seguridade Social, excepto as normas que configuraron o seu réxime económico.

A sanidade pública constitúe -xunto co ensino e os demáis servizos públicos- un
elemento básico do Estado Social e un claro indicador de equidade e solidariedade. Nas
últimas décadas, porén, estes principios aparecen cuestionados por unha campaña
neoliberal de ataque e desmantelamento dos sistemas públicos de saúde. A decisión de
combinar unha redución do orzamento sanitario co recurso ao sector privado para
construír, restaurar, equipar e xestionar os centros sanitarios leva ao sistema a unha
situación de limitación dos recursos necesarios para o mantemento da actividade dos
servizos, e a un grao de endebedamento incompatíbel co sustento do sistema público,
cando menos nas condicións actuais de universalidade e gratuidade no momento do uso,
e que garanten a accesibilidade á atención de saúde e condicións equitativas para toda a
poboación.

A finalidade da proposición de Lei, presentada pola
Pública
constitucional á protección da saúde.

Así pois, a proposición de Lei opta expresamente pola xestión pública directa das
institucións sanitarias do Sistema de Saúde de Galiza, na liña histórica marcada pola Lei
14/1986, do 25 de abril, Xeral de Sanidade. Rexéitanse así as fórmulas de colaboración
público-privada (private finance initiative ou concesión de obra pública), que en países do
noso contorno produciron un contrastado empeoramento da calidade asistencial e un
enorme aumento dos custos sanitarios.

A proposición de Lei pretende tamén mellorar o servizo público prestado á
cidadanía incrementando a capacidade resolutiva en atención primaria como instrumento
de achegamento dos servizos de saúde ao territorio e que terá unha grande incidencia na
redución dos tempos de espera hospitalaria.

Finalmente, a proposición de Lei configura un sistema de xestión descentralizado
territorialmente, promovendo a autonomía das áreas sanitarias, sen que isto supoña a
renuncia a decisións centralizadas sobre cuestións concretas que melloren a efectividade
das decisións.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a
adopción dos seguintes,

:
Anterior
Anterior

Moción para declarar o día 24 de Febreiro como o Día de Rosalía de Castro

Siguiente
Siguiente

Moción sobre os baremos da Xunta de Galicia para as axudas para promoción do emprego