Alegacións ao Presuposto 2012 do Grupo Municipal Socialista


A/ATT DO SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARTEIXO.
A/ATT DO PLENO DO CONCELLO DE ARTEIXO

            Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo), con D.N.I. nº ***********, maior de idade e veciño de Arteixo, con domicilio en *************** C.P. 15142, con dirección de correo electrónico *******************, este último que se inclue a efectos de notificacións, comparece ante o Pleno da Corporación Municipal e

E X P Ó N
            O pasado 26 de Xaneiro de 2012, procedeuse por acordo da maioría do número legal de membros do Pleno da Corporación á aprobación inicial do “Orzamento xeral para o exercicio económico de 2012, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo”; o cal, de conformidade co disposto no artigo 169.1 do real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de Marzal, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais foi exposto ao público, por término de 15 días hábiles, previo anuncio publicado no BOP de data 31/01/2012, ao obxecto de que os interesados poidan examinar o documento e presentar, no seu caso, as reclamacións que consideren oportunas.

            Dentro do término concedido ao efecto formúlanse as seguintes:

R E C L A M A C I Ó N S

            PRIMEIRA: Dende este Grupo Municipal, poñemos de manifesto que segundo o publicado no BOP do 31 de Xaneiro de 2012 en “Aprobación inicial do Orzamento Municipal 2012”, as reclamacións a dito documento deben de realizarse a atención do Alcalde-Presidente do Concello de Arteixo. Pois ben, a Lei 7/85 establece no seu artigo 22.2.E, que as cuestión presupuestarias son competencia exclusiva do Pleno, sendo esta unha das atribucións consideradas indelegables do artigo 22.4 da mesma Lei.

             SEGUNDA: O día 23 de Xaneiro de 2012, ás 10:30 da mañá, procedeuse a celebrar a Comisión Informativa de Facenda, onde se incluía como punto de Orde do Día, o dictame previo do “Orzamento Xeral para o exercicio económico 1012, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo”, dito punto foi dictaminado positivamente, cos votos a favor do grupo do Partido Popular e coa abstención dos Grupos de Terra Galega, BNG e PSOE. Nesta Comisión Informativa de Facenda, este voceiro advertiu do erro procedimental que se estaba a cometer, levando este tema a Comisión Informativa, sen antes ter convocados aos sindicatos, á correspondente mesa negociadora como se considera preceptivo no informe da técnica de persoal, que di na páxina 5 do seu informe, ”… En derradeiro lugar, cabe informar a conveniencia de traslado do expediente á representación sindical, como trámite necesario, aínda que o contido do documento refira modificacións únicamente cuantitativa de efectivos –propio da Capacidade de autoorganización da Admon- pero sí en extensión das competencias negociadoras do art. 37 do EBEP. Así compre trasladar o expediente, con carácter previo ao pleno e Com. Informativa correspondente, á Mesa Xeral de materias común, como inicio do proceso negociador que compre abordar en desenvolvemento do Organigrama municipal, de cara a unha nova VPT,…”; ou como inclue o Interventor Municipal no seu informe, na páxina 7 do Capítulo Terceiro de Procedemento para aprobación do Orzamento, no que inclue un punto no que dí así: “..Presentación do Proxecto de orzamento á comisión Informativa de Facenda, …Previamente á celebración da sesión da Comisión Informativa, debe darse audiencia ós representantes de persoal do Concello de Arteixo, no tocante ás previsións de gastos de persoal e modificacións do Plantel de persoal, dándolle así cumprimento ó disposto nos artigos 31 e seguintes da Lei 7/2007, do estatuto do empregado público.”              
                                                                                                                                              
TERCEIRA: No proxecto de “Orzamento xeral para o exercicio económico de 2012, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo”; inclúese a Convocatoria de 6 novos postos de traballo, 2 policias, 1 Vicesecretaria Xeral, 2 Tecnicos Superiores nas áreas de Obras e Urbanismo e medioambiente, 1 Técnico de Administración Xeral e 1 posto de Vicesecretario/a.  Sendo éste, un dos concellos do noso entorno cun maior número de técnicos nas diferentes áreas en comparación con concellos de simililares características, contando entre os seus funcionarios con 1 Secretaria, 1 Interventor, 1 Tesoreiro, 1 Técnico de Serv. Económicos, 1 Técnica de Persoal, 1 Coord. Téc. De Deportes, 1 Téc Rendas, 2 Aparelladores de Urbanismo, 1 Xurista de Urbanismo,1 Téc. Sup. En Medioambiente,  2 Arquitectos, 1 Enxeñeiro Superior, 1 Enx. Téc. Industrial, 1 Tec. Med. Educación Ambiental, 1 Técnico de Planificación e Coord., 1 Aparellador de Obras, 1 Técnicos de Admon Xeral, 1 Letrada, e máis persoal laboral fixo como é 1 Bibliotecario, 1 Téc Cultura, 1 Coord. de SS.SS, 1 Director de Radio, 3 Asistentes Sociais, 1 Psicologo, 1 Animador Social, 1 Téc. Planificación Social, 3 Alfabetizador de adultos, 1 Téc. Informático, 1 Normalizadora Lingüística, 2 Delineantes en Urbanismo,  1 Téc. Educación, 1 Aparellador de Urbanismo, 1 Axente de Emprego, 2 Orientadores Laborais, 2 Téc en Muller e Dependencia, 2 Psicólogos    e 1 Educador familiar;  parece difícil entender como se intenta xustificar a excepcionalidade na contratación deste novo persoal despois de terse publicado o Real Decreto Lei  20/2011 do 30 de Decembro de medidas urxentes en materia presupuestaria, tributaria e financieira para a corrección do déficit público que establece no relativo á oferta de emprego público, que “ ao longo de 2012 non se procederá á incorporación de novo persoal , salvo que poida derivarse da execución de OEP´s de exercicios anteriores…” e no epígrafe 3.2 especifica “Durante o 2012 non se procederá á contratación de persoal laboral temporal, nin persoal estatutario, nin funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir  necesidades urxentes e inaprazables  que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos público esenciais”; como dice o interventor no seu informe, no que expresa a súa disconformidade co anexo de persoal, decindo na páxina 3: “…, non constando tampouco suficiente acreditación do cumplimento dos límites establecidos no artigo 3 do Real Decreto Lei 20/2011. Considérase inadecuado que neste informe do Departamento de Persoal non conste pronunciamento expreso respecto de se o Anexo de Persoal, a RPT e a Plantilla que se incorporan ao expediente son conformes á normativa aplicable ao respecto,,,,Estas circunstancias motivan a disconformidade deste informe no relativo aos aspectos indicados en relación cos gastos de persoal.”

 Tamén observamos que, as partidas en gastos de persoal contemplan un aumento significativo, baseado no aumento de gasto en dedicacións exclusivas realizadas por parte do goberno local. Estas contratacións contraveñen claramente, o espíritu do R.D. 20/2011 e supoñen un incumplimento claro das políticas de axuste do gasto, levado a cabo en tódalas administracións do noso estado.

Así mesmo queremos poñer de manifesto que no Concello e co consentimento, cando non autorización, do equipo de goberno local, se están a realizar función laborais con carácter permanente, persoas que non están amparadas por contrato externo de servizo ou análogo, sendo moi posible que supoñan, con antecedentes sobrados, unha carga económica para este concello, que non se están a contemplar neste presuposto. A situación pode considerarse moi máis grave, se temos en conta a proximidade deste traballador cos membros da Xunta de Goberno Local.
 
CUARTA: Considera este voceiro de extrema gravedade que, sendo protagonista este concello por condenas feitas públicas con responsabilidade económica aparellada, sexan inexistentes neste presuposto, as partidas orzamentarias precisas para facer fronte ás responsabilidades patrimoniais derivadas da execución de sentencias firmes contra o Concello de Arteixo, citando entre outras: A sentencia 749/2009 dictada no recurso de apelación número 4252/2008 da Sala do Contencioso Administrativo secc 2ª do TSJ de Galicia, a sentencia 116/2010 do Xuzgado do Contencioso Administrativo nº4 de A Coruña, a sentencia nº 782/2003 dictada polo TSJ de Galicia, sala do Contencioso Administrativo secc.2ª recurso nº 02/0004563/1999 e a sentencia recaida nos autos de xuizo contencioso nº 120/2003 (P.Ordinario) seguidos ante o xuzgado do Contencioso administrativo nº3 de A Coruña, confirmada por sentencia nº 205/2007 dictada no recurso de apelación nº 4002/2005 da sala do Contencioso Administrativo secc.2ª do TSJ de Galicia, etc… A posibilidade de ter que facer fronte a calqueira de estas indemnizacións, sin a conseguinte consignación presupuestaria, podería levar un procedemento de execución forzosa sobre os bens municipais. Considera este voceiro que non incluir a mencionada partida pode chegar a suponer un desequilibrio neste presuposto en caso de ter que facer fronte de modo inmediato a calqueira das mencionadas ou outras sentenzas.

QUINTA: Unha vez examinado o documento de “Orzamento xeral para o exercicio económico de 2012, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo”; observamos que non se incluiu cantidade alguna para o cumplimento da obriga derivada da sinatura do convenio que máis adiante se reseñará, formulamos esta reclamación co único obxectivo de evitar perxuizos económicos de imposible o moi difícil reparación a esta Administración Local.
           
Con data de 16 de Xullo 2001 asinouse un convenio entre o Alcalde de Arteixo e ol IGVS,  para a creación dun parque empresarial e na súa “ESTIPULACIÓN TERCEIRA”  establécese textualmente:  “…….Cederanse o Concello, libres de cargas, os viais e servicios previstos no proxecto de urbanización, os parques e xardins públicos, a zona deportiva pública, os aparcamentos públicos e os terreos precisos para a instalación e funcionamento dos restantes servicios públicos necesarios, sempre que estean determinados no Plan Parcial de Ordenación e queden afectados ós respectivos fins, así como o 10% de aproveitamento tipo da área de reparto, si o Concello contribúe económicamente co 10% dos custos da obra de urbanización no caso cantrario, a edificabilidade a entregar será reducida proporcionalmente.”; e na “ESTIPULACIÓN CUARTA” dícese: “……..Os servicios exteriores do Polígono, necesarios para o normal funcionamento do mesmo, executaranse polo IGVS, incluídos os proxectos técnicos correspondentes. O seu financiamento correrá a cargo do Concello nun 50% e do IGVS noutro 50%......”
           
Instruido, con “posterioridade” á sinatura do citado convenio, expediente administrativo, no que figuran informes favorables da intervención municipal de data 19/07/2001, e informe conxunto emitido pola Secretaria Xeral e Arquitecto Municipal de data 17/07/2001; o Pleno da Corporación Municipal na súa sesión celebrada o 19 de Xullo de 2001, por acordo adoptado en votación ordinaria e por mayoría (dezasete votos a favor, doce do PP e cinco do PSOE e unha abstención do BNG), RATIFICOU DITO CONVENIO
           
No Infome  emitido polo Interventor Municipal o 19 de Xullo de 2001, na consideración segunda dí: “Inexistencia de compromisos de gasto con cargo ó Orzamento corrente. Necesidade de realizar consignación orzamentaria suficiente en exercicios sucesivos.- Examinado o texto do borrador do Convenio, non se atopa por parte deste interventor ninguna cláusula que implique a imputación dalgún gasto con cargo o Orzamento do exercicio corrente, pois enténdense que o 50 por cento do custo dos servicios exteriores que deberá financia-lo Concello, se acordó co estipulado no párrafo 4 da cláusula cuarta, así como o posible 10 por cento dos custos da obra urbanizadora, en ningún caso serán esixibles no presente exercicio presupuestario. No seu momento, cando deban ser executadas as obras que den lugar ós referidos gastos, deberase presupostar o importe correspondente………”
           
Polo tanto, o Concello de Arteixo, en virtude do referido título (convenio) comprometeuse a financiar o 50% das obras exteriores do polígono de Morás, -accesos viarios, abastecemento de augas, evacuación de augas residuais, etc,…,  e a contribuir económicamente co 10% do costo das obras de urbanización do parque empresarial, para poder recibir o 10% do  aproveitamento tipo da área de reparto.
           
Debido ao avanzado estado de execución das obras do polígono de Morás, que comezaron o día 20/04/2009, e que tiñan un prazo de execución de 18 meses, sobre as que, o propio Alcalde de Arteixo, en visita do Conselleiro de Infraestructuras da Xunta de Galicia ao noso Concello, aseguraron que a venta de parcelas de dito polígono comezará en Marzo deste ano e que esperan que no 2013 xa teña empresas instaladas, é dicir, que xa está construida a práctica totalidade da superficie que contempla o Proxecto Sectorial, motivo máis que suficiente para que, de conformidade co establecido no informe emitido no seu día polo interventor municipal,  CONTÉMPLESE NO DOCUMENTO DE PRESUPOSTO XERAL a PARTIDA ou PARTIDAS NECESARIAS para facer fronte a tales obrigas, co fin de evitar os posibles perxuizos derivados dun incumplimento inxustificado do estipulado entre o Concello de Arteixo e o IGVS. Baste decir, a modo de exemplo, que a non aportación do 10 por cento dos costos das obras de urbanización, implicaría que o Concello non recibiría o 10% de aproveitamento tipo, da área de reparto, cun valor de mercado moi superior á aportación que ten que realizar o Municipio.
           
O anteriormente relacionado é perfectamente incardinable no previsto no apartado 2.b) do art. 170 do Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzal, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que establece como unha das causas polas que poden entablarse reclamacións contra o presupuesto: “ a) Por non terse axustado a súa elaboración e aprobación aos trámites establecidos nesta Lei”,  “b) Por omitir o crédito necesario para o cumplimento de obligacións esixibles á entidade local, en virtude do precepto legal ou de calqueira outro título lexítimo.”

            Por todo o exposto, é polo que se

            S  O  L  I  C  I  T  A
            1.- Como consecuencia do caso primeiro e se non son atendidas as posteriores reclamacións, sexa publicado novamente o documento presupuestario, abrindo unha nova fase de alegacións por considerar a primeira publicación viciada de nulidade. En caso de non ter atendida esta reclamación, entendemos que deberá considerarse calqueira escrito ou solicitude de carácter económico dirixido ao Alcalde-Presidente no prazo de reclamacións, como unha reclamación ao presuposto en si mesma. 

            2.- Que se teñan por formuladas as anteriores RECLAMACIÓNS ao documento “Orzamento xeral para o exercicio económico de 2012, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo”  e en consecuencia, 

·         Se proceda a iniciar novamente o proceso de “Aprobación do Presuposto 2012…”, convocando á representación sindical previamente á Comisión Informativa de Facenda, para proceder posteriormente a Aprobación Inicial por parte do Pleno Municipal.
·         Se adapte á Plantilla de persoal e a RPT ás limitacións do R.D. 20/2011 para  a corrección do déficit público.
·         Se consigne a partida presupuestaria necesaria para facer fronte as indemnizacións económicas derivadas das sentenzas condenatorias que foron dictadas contra o noso concello.
·         Se incluan no mesmo a partida ou partidas necesarias,  para atender ás obrigas contraídas no acordo plenario de data 19 de Xullo de 2001,  relativas á financiación do 50% das obras exteriores e 10% das obras de urbanización do Parque de Actividades Económicas de Arteixo (Polígono de Morás).

Arteixo, a 17 de Febreiro de 2012



Asdo.: Martín Seco García
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo                                                                                                                                                       
Anterior
Anterior

PREGUNTAS PRESENTADAS POLO GRUPO SOCIALISTA NO PLENO DE FEBREIRO

Siguiente
Siguiente

NOTA DE PRENSA POLAS ALEGACIÓNS AO PRESUPOSTO DO PSOE DE ARTEIXO