Rogo e preguntas ao señor alcalde para a desafectación dos terreos expropiados polo proxecto das rotondas da AC-415


ROGO e PREGUNTA

            Ante a pregunta presentada polo parlamentario socialista Pablo López Vidal no Parlamento de Galicia á Consellería de Infraestructuras pola situación do proxecto de seguridade viaria da estrada AC-415 de Coruña a Sabón, discurrindo polas parroquias de Meicende, Pastoriza e Oseiro que contaba inicialmente cun presuposto de máis de 1.500.000 euros. Ante esta pregunta, dita Consellería  tivo a desfachatez de contestar, que debido a oposición vecinal non se chegou a expropiar aos veciños afectados, actuando só na adecuación do firme.

            Tódolos membros desta corporación coñecemos que sí se procedeu á expropiación forzosa, tendo na miña propiedade unha acta deste procedemento de Xuño do ano 2007, pero a Xunta de Galicia non fixo nada por pagar ou desafectar os terreos que levan mais de 4 anos ocupados co perxuizo xenerado aos propietarios destes terreos que non pudieron contar con eles desde esta data.

            Ante esta situación o Grupo Municipal Socialista rógalle ao señor Alcalde, que de inmediato, proceda a esixirlle á Consellería de Infraestructuras a desafectación dos terreos e que ditos fondos sexan utilizados para dotar unha partida económica para mellorar o tráfico rodado nestas parroquias afectadas por este proxecto.

            Ademais solicitamos facerlle as seguintes preguntas:

·         ¿É vostede coñecedor de cómo está a situación detes terreos?
·         ¿Comunicoulle á Consellería de Infraestructuras a necesidade de desafectar estes terreos o antes posible?
·         Unha vez coñecidos os presuposto da Xunta para o 2012, ¿pensa solicitarlle que a Consellería destine estes fondos para as infraestructuras destas parroquias de Arteixo?


Anterior
Anterior

Rogo pola falla policial na entrada do CEIP Arteixo e o incumplimento da promesa do señor Calvelo cos pais que quedaron sen bus escolar

Siguiente
Siguiente

Moción de urxencia para opoñerse os orzamentos da Xunta 2012 moi lesivos para os intereses de Arteixo