Rogo para o Pleno do Xoves 29 de Septembro de 2001 sobre o tráfico no casco de Arteixo


ROGO


Debido a estreita estructura das rúas do casco urbán de Arteixo, faise moi perigosa a circulación de vehículos por certas zonas do entramado que forma dito casco, se a isto añadimos a deficiente sinalización de ditas rúas e o exceso de velocidade de algúns dos que circulan por elas, a probabilidade de sufrir un accidente aumenta significativamente. Na zona do noso casco urbán onde as rúas toman o nome das rías galegas e necesario facer un esforzo para que os vehículos circulen a unha velocidade baixa e que se establezcan tódalas medidas posibles para que a sinalización vial sexa o máis visible posible.

Para esto o Grupo Municipal Socialista roga o goberno do Concello que teña a ben establecer unha zona de velocidade máxima de 30 Km/h por esta zona do noso casco urbán como se tiña contemplado nalgún informe feito pola Policia Local e que se complemente a sinalización vertical con outra de tipo horizontal para favorecer dita información aos vehículos, así como rogamos o inminente troco do ceda o paso que se sitúa no cruce das rúas Ría de Noia coa Avda dos Bosques que quedou parcialmente oculto para os vehículos máis altos, polo toldo dun coñecido establecemento hostelero de dita rúa que non permite que os vehículos podan saber quen cede o paso, tendo en conta ademais que nesa confluencia o teñen que facer os vehículos que circulan pola esquerda.


En Arteixo, a  21 de Setembro  de 2011
Anterior
Anterior

Moción para o Pleno de Setembro sobre Radio Arteixo

Siguiente
Siguiente

Rogo para o Pleno do Xoves 29 de Setembro de 2011 sobre o mal estado do paseo de Barrañán