Inaguracion do Pazo de deportes de Arteixo

O proximo xoves 22 de Xullo a nosa Alcaldesa Dona Pilar Souto Iglesias inagurara unha das obras mais esperadas por todos os veciños o novo PAZO DE DEPORTES DE ARTEIXO. Donde todos poderemos disfrutar dunha festa de inaguracion como se merece este evento, o cal estan invitados todos os cidadans de Arteixo a participar desta ceremonia de inaguracion, que contara con exhibicions deportivas de alguns dos clubes deportivos de Arteixo  e na cal teran presenza distintas autoridades dos distintos estamentos que colaboraron para que este edificio seña xa unha realidade. 
Contaremos tamen con unha actuacion musical para amenizar o fin do evento

¡¡¡ESPERAMOS QUE NON FALTEDES¡¡

O NOVO PAZO DOS DEPORTES DE ARTEIXO ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS O VINDEIRO XOVES CUN ACTO OFICIAL
A obra estrela do FEIL, o Pazo dos Deportes de Arteixo, abrirá oficialmente as súas portas o vindeiro xoves día 22 cun acto oficial, ao que asistirán o Goberno Local, representantes da Deputación Provincial, e representantes do Goberno Central, as tres administracións responsables da posta en marcha deste proxecto.

O acto, que dará comeza ás 20:30 horas, contará coa participación das autoridades presentes, cuxos discursos prologarán unha serie de exhibicións deportivas, a cargo das escolas municipais e dalgúns dos clubes que desenrolan a súa actividade en Arteixo.

Así, a mostra de patinaxe será a encargada de abrir boca, para dar paso posteriormente ás exhibicións de aerobic, baloncesto, batuka e, por último, o judo, unha das disciplinas que conta con maior aceptación e inmellorables resultados no noso concello.

Ao remate das exhibición, todos os presentes poderán contemplar o encendido da fachada, retroiluminada, que estará acompañado por un espectáculo pirotécnico de luz e cor, e que pechará un acto oficial que rematará con música en directo, xusto diante do Campo de Fútbol Municipal. Un directo que ven da man do Concurso de Rock Deputación da Coruña e que traerá, dende as 23:00 horas aproximadamente, a música de Jacobo Paz, gañador do concurso no 2009, e Riff Raff, un grupo de referencia dentro das cover bands ou bandas tributo, e que poñen en práctica sobre o escenario os temas dos míticos AC/DC.

O novo Pazo dos Deportes de Arteixo conta coa particularidade de dimensionar o espacia gracias á luz natural. As súas instalacións permitirán non só o disfrute do deporte, senon tamén doutras moitas actividades, gracias á colocación dunha protección especial no chan de parqué, que evitará o seu deterioro.

A Avenida da Arsenio Iglesias pemanecerá, por motivos de seguridade, pechada ao tráfico esa tarde, polo que pregamos a todos os cidadáns que desexen achegarse até alí que o fagan a pe.

O acto de inauguración do Pazo dos Deportes é de acceso libre (non se precisa invitación expresa) a todos os cidadáns de Arteixo, até completar o aforo (por motivos de seguridade), ainda que todos aqueles que non poidan acceder ao recinto poderán seguir o devenir do acto nunha pantalla situada na fronte do mesmo.
Anterior
Anterior

Inaguracion do Pazo de deportes de Arteixo II

Siguiente
Siguiente

A Alcaldesa De Arteixo Reclama Á Xunta De Galicia A Inmediata Supresión Da Peaxe Da AG-55