Declaracións da Alcaldesa de Arteixo con respecto á información aparecida nos medios, relacionada coas declaracions do voceiro do PP
“Temos que afrontar unha realidade, e é que os cidadáns de Arteixo demandan unha mellor e máis eficaz xestión administrativa. Os expedientes non saen como tiñan que saír, e a miña obriga como Alcaldesa e buscar que este atranco, estes atrasos en determinados departamentos, se solvente.
Esta Alcaldía estableceu as medidas necesarias para coñecer os resultados da xestión dos diferentes departamentos, algo que, evidentemente, é da súa enteira competencia e interese. Xamais entrei nin entrarei no contido dos informes, pero si esixirei, como é a miña obriga, que estes saian adiante en tempo e forma.
Esta Alcaldía seguirá convocando todas as xuntanzas que considere necesarias co persoal municipal, na procura da colaboración precisa para acadar a mellor xestión posible nos diferentes departamentos, nunca ameazando nin crispando, pero si buscando sempre que os funcionarios dean aos cidadáns de Arteixo o servizo que merecen, cumprindo co seu deber, tal e como pretende facer esta mesma Alcaldía.
Se alguén se sentiu ofendido por estas medidas, debería explicar por qué considera que lembrar aos técnicos municipais ás súas obrigas lle supón un problema, toda vez que esta Alcaldía non ten constancia de que ningún outro dos profesionais citados á xuntanza se sentira ameazado ou ofendido polo contido da mesma, algo que, de ningún xeito, se atopaba no ánimo desta Alcaldía no momento de convocar a reunión.
En calquera caso, esta Alcaldía reafírmase na súa intención de seguir cumprindo coa súa obriga de velar polos intereses dos cidadáns de Arteixo, procurando que os servizo que se lles da dende o Concello sexa eficaz, correcto e profesional, e buscando en todo momento optimizar e axilizar unha xestión administrativa que ten demostrado resultar demasiado lenta, e en moitos casos ineficaz.”