O Goberno De Arteixo Presenta Á Xunta De Portavoces O Proxecto Para O Centro De Novas Tecnoloxías Apoiado Pola Udc
Unha cesión do 80% do espacio do edificio, destinada a dar cabida a un Centro Empresarial de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico a cargo da UDC. Este é o convenio de colaboración que o Goberno de Arteixo presentaba esta mañá na Xunta de Portavoces aos voceiros dos grupos municipais.
O proxecto, consensuado coa Universidade da Coruña, era presentado formalmente polo Vicerreitor D. Luís Barral, que expuña ante os membros da Corporación as metas que o plantexamente deixa enriba da mesa: apoiar e asesorar aos emprendedores e proxectar unha potente inversión en I+D+i no Concello de Arteixo, que sirva para formar un futuro empresarial sostible e de calidade, a través do Viveiro de Empresas xestionado pola propia UDC
O proxecto contempla diferentes campos de investigación neste novo viveiro de empresas, entre os que se atopan o vídeo dixital, a televisión persoal interactiva, o vídeo baixa demanda, os sistemas de xestión de dereitos e acceso condicional, os sistemas de transmisión a través de tecnoloxías PLC (power line communications) ou POF (plastic optical fiber), e as tecnoloxías software avanzadas.
Este convenio presentado hoxe á Xunta de Voceiros, e que busca ser levado ao vindeiro Pleno Ordinario para a súa aprobación formal, distribuiría os custos de mantemento na mesma proporción que os espacios de uso, de xeito que o Concello de Arteixo, que disporía dun 20% do espacio, afrontaría o 20% dos gastos de mantemento, e a UDC, xestora do 80% do espacio aportaría o resto dos gastos, é dicir, un 80%.
A superficie total cedida á UCD sería de 980.44m2, mentres que o Concello disporía de 250.11m2, destinados á prestación de servicios á veciñanza no eido da formación na mesma liña que as accións desenvolvidas pola UDC, é dicir, Investigación, Desenrolo de Proxectos e Novas Tecnoloxías.
O Convenio proposto tería unha vixencia de 10 anos, pero podería renovarse até un máximo de 30 anos.
Tras a exposición, a Alcaldesa, Dna. Pilar Souto Iglesias, amosaba a súa confianza en que o proxecto poida ser aprobado nun breve espacio de tempo, rematados todos os trámites administrativos pertinentes “polas enormes vantaxes que suporía para un Concello como Arteixo, en constante crecemento, e no que é necesario dar un apoio específico a todos aqueles emprendedores e empresas que desexen vencellearse aos sectores da investigacións e o desenrolo, e ás novas tecnoloxías. Este convenio suporía a extensión do viveiro de iniciativas empresariais da UDC á Arteixo, e iso sería, dende logo, moi positivo a todos os niveis”.