O Goberno De Arteixo Leva Á Comisión De Servicios Sociais A Descentralización Dos Mesmos
A Concellería de Servicios Sociais levaba hoxe á súa comisión un punto especialmente relevante: a descentralización dos Servicios Sociais no Concello de Arteixo.
A idea, respaldada polos técnicos, busca achegar aos veciños das parroquias e lugares onde maior demanda se contempla o propio servicio, para facilitar os trámites e axudas a todas aquelas persoas que as precisen.
Desde xeito, e sen prexuízo de que os propios servicios centrais continúen funcionando exactamente do mesmo xeito que até o de agora, os centros de Froxel, Pastoriza e a aula socioeducativa de Meicende contarían coa presencia dun técnico municipal de Servicios Sociais unha vez á semana, en horario de 9 a 14 horas.
A elección destes centros responde ás areas nas que maior cantidade de demandas de servicios sociais se teñen contabilizado, polo que con esta medida se busca dar resposta a unha demanda preexistente, tal e como apuntaba a propia Concelleira, Dna. Lourdes Loureiro, quen engadía ademais que “non debemos esquecer que estamos a falar dun servicio destinado, na maioría dos casos, a persoas que están pasando por unha situación especialmente delicada, con problemas de mobilidade, económicos, de inserción social... Todo o que poidamos facer para facilitarlles os trámites, incluído, evidentemente, achegarlles á administración, contará sempre co beneplácito deste Goberno”.
Os técnicos desprazados neses días concretos realizarán funcións de atención ao público, información, valoración e diagnóstico das demandas presentadas, asesoramento e apoio en situacións conflictivas, e detección e sistematización dos problemas.
O proxecto de descentralización do Servicios Sociais en Arteixo está xa nas mas dos técnicos da área, que están a preparar a súa posta en marcha á maior brevidade posible.