130 Aniversario PSOE





Xa van 130 anos dende que en Madrid un 2 de maio de 1879, Pablo Iglesias xunto cun grupo de obreiros e intelectuais na taberna, “Casa Labra” decidiran fundar o Partido Socialista Obreiro Español. Un fito tanto en España coma en Europa posto que foi o segundo partido socialista fundado no Vello Continente (o primeiro foi o SPD, o Partido Socialdemócrata de Alemania). Actualmente é o partido político español máis antigo con funcionamento ininterrompido dende a súa creación a fins do século XIX.

Dende os seus inicios, obreiros e intelectuais foron da man cunha idea común, mellorar a vida da cidadanía mediante a educación e os dereitos sociais. Dereitos que daquela nin se chamaban así, como moito, había unha serie de dereitos civís habitualmente ignorados polos dirixentes do momento.

O 27 de setembro de 1903, en Erandio, Bilbao créase por vez primeira as Xuventudes Socialista despois de que, 10 días antes, no xornal “La lucha de clases” unha editorial asinada por Tomás Meabe indicase a necesidade de crear unha organización deste tipo inspirada nas “Xoves Gardas Socialistas” de Bélxica.

O camiño foi longo e difícil conseguindo un primeiro éxito nas eleccións de 1910, onde Pablo Iglesias foi o primeiro Deputado socialista, empezando a escoitarse unha crecente crítica social que rapidamente foi calando entre a poboación española.

Nas eleccións de 1931, o PSOE obtivo 117 escanos no Parlamento o que lle permitiu participar nos diversos gobernos republicanos de Manuel Azaña. Pero debido á sublevación de parte do Exército, o noso partido foi ilegalizado nas zonas controladas polos “Nacionais”. Na parte Republicana, tras a demisión de Largo Caballero, toma o relevo Negrín ate o obrigado exilio despois do triunfo dos sublevados ante a legalidade democrática da República.

A reorganización do PSOE realizouse no exilio en Francia (Negrín), en México (Vera) e na propia España, en 1942 nos penais e campos de concentración onde foron condeados os socialistas, sendo 300 os Comités Locais para, en 1944 crear a primeira Comisión Executiva durante a dictadura do sublevado Franco, que aínda que foi desmantelada catro meses despois polas forzas represoras, mantivo as súas actividades na clandestinidade até a chegada da democracia.

Chegado o ano 1974, en Suresnes (Francia) chega a renovación ideolóxica e política da man de Felipe González, có apoio da Internacional Socialista. Esta nova xeración de socialistas foi decisiva na Transición española sendo o novo PSOE unha forza decisiva nas eleccións de 1977 e tendo un papel destacado na elaboración e posterior aprobación da Constitución Española de 1978.

Todo este labor a prol do retorno da normalidade democrática, tivo o seu froito nas eleccións de 1982, onde Felipe González gaña as eleccións convertíndose, deste xeito, no primeiro socialista Presidente de Goberno da nova etapa democrática, manténdose durante catro lexislaturas consecutivas.

Durante estes 16 anos, España diu un gran salto cualitativo, pasando de ser un país de segunda en Europa a ser unha nación moderna que conlevou grandes cambios sociais. Fitos importantes desta época foron a entrada na UE, na OTAN, o impulso político ó Estado das Autonomías, o nacemento do Estado do Benestar, a modernización da economía, a universalización da Sanidade Pública, a ampliación das prestacións sociais, o coidado medioambiental, a reforma da educación, incluíndo a súa obrigatoriedade ate os 16 anos...

Despois desta etapa e debido ó conseguinte desgaste político xunto con algúns erros e algunha sentencia xudicial, fixo que en 1996 se perdesen as Eleccións Xerais pasando, deste xeito, a ser o primeiro partido dunha oposición constructiva, vinculada ós intereses de España e dos españois.

A nivel interno, os Socialistas sempre estivemos na vangarda do progreso social e das novas necesidade dunha sociedade sempre en progreso. Deste xeito, en vistas ás eleccións xerais de 2000, fomos os primeiro partido político en establecer un sistema de cotas, para que as mulleres por fin estivesemos representadas, de forma paritaria, nas listas electorais. De igual forma, creouse o sistema de eleccións primarias para a constitución das listas electorais.

Coa chegada do século XXI, o PSOE volviu facer historia en España ó elexir coma Secretario Xeral a José Luis Rodríguez Zapatero que nas súas primeiras eleccións coma candidato á Presidencia, foi quen que ganalas en 2004 volvendo a formarse no noso país un goberno socialista.

Có seu “cambio tranquilo”, revolucionou o país ó formar un Goberno, por primeira vez na historia, formado por igual número de homes que de mulleres, reservado a Vicepresidencia Primeira, para unha muller.

A impronta do noso Presidente de Goberno vese claramente no seu compromiso coas políticas sociais. Grandes fitos de Zapatero foron a aprobación de leis progresistas, moitas veces vilipendiadas polos sectores máis reaccionarios da dereita española.

Por vez primeira en España, realmente, tódolos homes e mulleres somos iguais grazas ó recoñecemento dun dereito tan fundamental e íntimo coma é o amor e a creación dunha familia. Esto foi posible tras a aprobación da lei de Matrimonios Homosexuais, onde unha parte da poboación tiña restrinxidos algúns dereitos antes da promulgación desta lei.

Tamén recoñécese legalmente a existencia dunha lacra social, a violencia de xénero ou violencia machista. Deste xeito, nace a Lei contra a violencia de xénero. Ademais tense en conta ós sectores máis desfavorecidos da sociedade, os dependentes, tanto os que pertencen á 3ª Idade, coma os afectados por discapacidades intelectuais, físicas ou sensoriais.

A modificación da Lei do Divorcio, simplificando trámites é un gran alivio para moitas persoas inmersas neste proceso. A nova regulación dos estudos universitarios, o chamado “Plan Bolonia” supón toda unha revolución que nos achega un pouco máis á movilidade europea dos universitarios así coma a unha homologación de titulacións ou un achegamento máis da Universidade ás realidades sociais.

A Lei de Memoria Histórica permite sacar do anonimato a tantos respresaliados soterrados en fosas comúns. É un paso máis para pechar a brecha entre as dúas Españas e un recoñecemento explícito a todas as familias que buscan ós seus defuntos para proporcionarlles un enterro digno.

A proposta de Zapatero ante a ONU dunha Alianza de Civilizacións supón un primeiro paso serio para limar as asperezas históricas e as desconfianzas mutuas entre Occidente e o mundo árabe.
Anterior
Anterior

Elecciones Europeas 2009 - Comeza a campaña

Siguiente
Siguiente

ARTEIXO SOLIDARIO 2009