O concello de Arteixo comeza a elaborar o listado de solicitantes de vivenda protexida

O Concello de Arteixo ten xa activa a recollida de solicitudes de interesados en acceder a unha vivenda protexida, un co que se busca facer un estudio real das verdadeiras demandas de VPO no municipio.

A VPO é un tipo de vivenda parcialmente subvencionada pola administración pública e declaradas como tal por ésta.

O obxectivo é favorecer que os cidadáns con rendas máis baixas poidan comprar ou alugar vivendas. Para esto, o comprador adquire ou aluga a vivenda a un precio notablemente inferior ó de mercado.

Para que unha vivenda sexa clasificada como VPO, a administración establece requisitos legais tanto para a vivenda (tamaño e prezo máximos) como para o comprador. Ademais, estas vivendas ten unha normativa de uso e venda especial:

Deberá ser domicilio habitual do comprador

Se este quere revender, o prezo será fixado pola administración quen, ademais, ten dereito preferente de compra.

As VPO destinadas a adquisición, poden cualificarse do seguinte xeito:

Réxime especial: destinadas a familias con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM (menos de 15.817,15 €).

Réxime xeral: destinadas a familias con ingresos inferiores a 5,5 veces o IPREM (menos de 34.797,73 €).

En todo caso, os ingresos mínimos sitúanse en 0,7 veces o IPREM.
O IPREM é o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples que se utiliza como referencia do nivel de renda que sirve para determinar a contía de determinadas prestacións ou acceder a determinados beneficios, prestacións ou servizos públicos. Para o ano 2009, o IPREM anual é de 6.326,86 €.Ademais dos ingresos, aplícanse puntuacións derivadas da situación sociofamiliar de cada unidade convivencial, sendo o total de puntos o que determine a situación la lista de adxudicatarios ou da lista de espera.

En todo caso, cada situación familiar da lugar a distintos tipos de posibilidades. Por este motivo, desde a entidade municipal preténdese elaborar un censo de demandantes que permita coñecer as necesidades reais da súa veciñanza de cara a planificar e consensuar coa administración responsable as novas edificacións para destinalas a Vivendas de Protección Oficial en calquera das súas modalidades (adquisición ou aluguer). Deste xeito, as familias de Arteixo poderán dispoñer de vivendas adaptadas ás súas condicións o que favorecerá o accesos ás mesmas.

O Concello de Arteixo realizará esta recollida de datos na Casa do Concello (planta baixa) durante un período aproximado de 2 meses. O censo é únicamente para o seu tratamento estatístico de cara a manexar datos para futuras promocións de VPO, pero non xenera dereitos de formalización de solicitude nin constituirán lista de espera nin de demandantes.
Anterior
Anterior

GRAZAS ARTEIXO!

Siguiente
Siguiente

Peche de Campaña (Saímos desde Arteixo)