
#CoaMiradaNaXente

ALTA TENSIÓN, ASÍ NON!
GUÍA DO PATRIMONIO AMEAZADO POLA LIÑA DE ALTA TENSIÓN ATA MORÁS

REACTIVANDO ARTEIXO
#reactivART-e
Plan de Reactivación Económica e Social de Arteixo
Ante a inacción do goberno do PP, aquí podes leer a nosa proposta
Arteixo merece máis.
Arteixo precisa avanzar >>
Un Plan Xeral cun urbanismo sostible. Mellores infraestruturas. Servizos públicos de calidade. Un goberno eficaz.
Para un Urbanismo Sostible Arteixo debe contar co PXOM.
O goberno de Frutos Saavedra elaborou nos anos 80 a única normativa urbanística propia de Arteixo. No goberno de Pilar Souto contratouse a elaboración do Plan Xeral.
Dende o 2011, co PP no goberno, non temos noticias do mesmo.
Arteixo precisa un novo CEIP e un novo IES.
En 2010, cos socialistas no goberno, inaugurouse o novo CEIP Arteixo. Dende entón o goberno do PP na Xunta non se ocupou das necesidades educativas do noso concello.
O CEIP Ponte dos Brozos é un dos centros con máis alumnos de Galicia, e na actualidade atópase masificado con ata 7 clases por nivel.
Arteixo debe estar libre de peaxe.
A autopista AG-55 inaugurouse en 1993 como autovía gratuita para dar servizo aos polígonos de A Grela, Sabón e Bertoa; e desconxestionar así a estrada que pasa polo centro de moitos núcleos urbáns de Arteixo (AC-552).
Un ano máis tarde, en 1994, o PP de Fraga e Manuel Pose implantaba a peaxe que segue ata hoxe en día.
Arteixo merece un goberno eficaz.
En Arteixo o PP ten 12 concelleiros e 7 asesores a soldo dos cartos de tod@s. Xestionan 45 millóns de euros de presuposto cada ano.
Arteixo debería mellorar moito máis rápido do que o fai. Precisa un goberno formado e capaz de xestionar. Xs socialistas estamos preparad@s.
