Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco reclámalle á Xunta que coordine as actuacións e protocolos contra a praga do verme da pradería

O deputado socialista acusa ao goberno galego de deixar sós aos concellos diante da praga de gusanos soldado, que está a afectar aos cultivos dos concellos galegos dende a Mariña Lucense á Costa da Morte

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, reclamoulle hoxe á Xunta que se poña á cabeza da loita contra a invasión de verme da pradería, que está a afectar aos cultivos dos concellos galegos dende a Mariña Lucense ata a Costa da Morte. Seco presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Agricultura do Parlamento para reclamarlle á Xunta que coordine as actuacións e protocolos necesarios para evitar danos maiores nos campos galegos, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de ter deixado sós aos concellos galegos, desbordados sen un protocolo de actuación claro e sen o apoio que precisaban dende o Executivo fronte á praga desta especie, tamén coñecida como “gusanos soldado”. Malia que estas larvas non son tóxicas para os humanos, provocan estragos nas plantacións de millo, trigo, cebada, sorgo, avena e tamén tomate, leituga ou pemento.

Reclamoulle ao goberno galego que lidere a loita das múltiples comarcas afectadas nun momento especialmente delicado para o sector produtor, “cos prezos da forraxe e dos pensos polas nubes” como consecuencia da escaseza provocada pola seca e o impacto da invasión de ucraína no mercado do cereal.

Reclamoulle que siga o exemplo de outras autonomías do entorno, como é o caso de Cantabria, onde “puxeron a traballar aos seus centros públicos de investigación dende 2021 para ver de afrontar a problemática afectada polo verme, xerando información sobre a súa bioloxía, ecoloxía e control natural nas condicións dos seus territorios”. Dixo que “en Galicia poderiamos facer este traballo de cara ao futuro como apoio aos nosos produtores”.