Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco entrega ao PP o texto do decreto que confirma que a Xunta pode dar axudas ao sector gandeiro de carne con cartos propios.

O deputado socialista acusa a PP e goberno galego de empregar “argumentos falaces” e “xogos de trilerismo político” sinalando que as axudas son incompatibles coas do Estado, o contrario do que apunta o decreto das axudas.

O portavoz de Gandería do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou hoxe ao PP de negarse a pedirlle á Xunta axudas directas para o sector cárnico en base a “argumentos falaces” e “xogos de trilerismo político”. O PP rexeitou hoxe en Comisión unha proposta socialista reclamando estas partidas aínda despois de que o deputado socialista explicara que son perfectamente compatibles coas axudas estatais.

Seco reclamoulle ao goberno galego que se deixe de “desculpas para non cumprir” co compromiso de axudas directas acadado no pasado mes de marzo. O parlamentario socialista chegou a entregar no Parlamento o decreto 42/2022 de axudas para os sectores agrarios e o 6/22 de axudas en resposta ás consecuencias da guerra de Ucraína, que sinalan explicitamente a compatibilidade coas axudas entregadas polas comunidades autónomas e as entidades locais.

“É falso que o Estado prohiba usar fondos propios para completar as axudas”, apostillou, logo de lembrar que Galicia percibe 67 millóns de euros de axudas do Estado ás consecuencias da guerra de Ucraína, e o sector lácteo recibirá 1 de cada 3 euros, ata 55 millóns de euros, mentres a Xunta “non entrega nin un só euro”. Ademais, mentes as granxas de leite cobraron directamente do Ministerio, as de “carne continúan” agardando porque lle corresponde á Xunta facer os ingresos.

Sinalou que “como pode ser que a Deputación de A Coruña, sen competencias en gandería, conceda axudas por valor de 3.000 euros a cada solicitante para o sector agrario, pesqueiro e transporte mentres a Xunta de Galicia, cun orzamento de 12.000 millóns de euros, sexa incapaz de poñer un só euro en axudar ao sector da carne no peor da crise”.

Apuntou que “xa non hai desculpa para evitar o uso de fondos propios”, e sinaloulle á Xunta que “xa poden usar fondos propios e no quedarse en subvencionar unicamente ás entidades bancarias pagando ao comisión de apertura duns préstamos para que os gandeiros opten ao adianto duns fondos do PDR que xa eran deles”.