Martín Seco denuncia a “incapacidade absoluta” do goberno da Xunta para atraer proxectos empresariais a Galicia
O portavoz socialista de Industria afirma que a pesar de que a Xunta ten competencias plenas en materia industrial e económica, non se mellora o traballo de captación de proxectos industriais en Galicia rexeitando impulsar proxectos como o de Maersk en Galicia, mentres os datos de fuxida de empresas cara ao exterior son preocupantes.
O portavoz de Industria do grupo parlamentario socialista no Parlamento de Galicia ven de denunciar a “incapacidade absoluta” do goberno da Xunta para atraer proxectos empresariais a Galicia. Así o afirmaba hoxe na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo onde se debatía a PNC presentada polo grupo parlamentario socialista sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para impulsar o proxecto de Maersk en Galicia e mellorar o traballo de captación de proxectos industriais en Galicia, que o PP finalmente rexeitou.
Para o parlamentario socialista, a pesar de que a comunidade autónoma ten competencias plenas en materia de industria e economía, Galicia é cada vez máis feble en materia industrial tal como amosan os datos de produción industrial da comunidade, que revelan unha fenda cada día máis grande entre o Estado e Galicia cuns datos de fuxida de empresas cara ao exterior preocupantes.
Ante esta situación, o grupo parlamentario socialista presentou unha iniciativa para pedirlle ao goberno galego que utilice esas competencias industriais e territoriais para impulsar o proxecto anunciado polo goberno de Estado do acordo asinado con Maersk, a segunda maior navieira de contenedores do mundo, para construír en Galicia e Andalucía sendas fábricas de metanol verde, un biocarburante que substituirá ao gasóleo que empregan actualmente os cargueiros e co que prevé descarbonizar a súa frota.
Unha iniciativa que foi rexeitada polo Partido Popular a pesar de que según relatou Martín Seco “”está previsto un investimento de 10.000 millóns de euros da navieira”, do que o 40% se destinaría a fábricas e o resto a construción de instalacións renovables que producirán a electricidade necesaria para obter primeiro hidróxeno verde, e despois metanol, e contratos bilaterias de subsministaración de enerxía con outrso promotores, o que suporía unha rebaixa nos prezos da electricidade.
FALAR DO PROXECTO DE MAERSK “DÁLLE ASCO” AO ALCALDE DE ARTEIXO
Unha das localizacións posibles en Galicia para o proxecto de Maersk é o Porto Exterior de Langosteira, que xa foi visitado por representantes da empresa danesa, pero que o alcalde do PP de Arteixo, onde está ubicado o porto, rexeitou no último pleno do concello afirmando que “lle daba asco”
“En lugar de poñerse á disposición do goberno do Estado para impulsar a chegada desta inversión ao seu porto”, afirma Martín Seco, “o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, dí que lle da asco”, tal como se pode comprobar nas grabacións dos plenos do porpio concello. “Non lle dan asco as descargas de carbón e Clinker a ceo aberto que ensucian e contaminan sen control os núcleos próximos ao porto, pero si lle da asco que o goberno de Estado poida conseguir unha inversión importante para o seu concello”
Para Seco, este tipo de declaracións son un “resumo das políticas de captación de empresas” que fai o Partido Popular en Galicia, e da “falla absoluta de política industrial para convertir o noso territorio nun lugar atractivo para a inversión extranxeira”.