Socialistas de Arteixo

View Original

UNHA CANDIDATURA COA MIRADA NA XENTE

Por Patricia Boedo, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Arteixo.

Pasada a emoción da presentación da miña candidatura é o momento de empezar a traballar para que todo o que dixen nese fermoso acto poida cumprirse no mes de maio.

Traballar COA MIRADA NA XENTE  para mellorar Arteixo implica asumir como nosos os problemas dos veciños e veciñas,  e facer das súas demandas unha prioridade polo que é preciso  estar en cada punto do territorio pero tamén no tecido social, educativo, asociativo e empresarial, primero para escoitar e despois atender.

Porque ese é o noso obxectivo, o dos socialistas, gobernar para todos e todas nun Arteixo integrador e dialogante. E para iso necesito compañeiros e compañeiras ao meu carón que me acompañen con ese propósito. Compañeiros e compañeiras representativos de toda a sociedade arteixá, desde todas as parroquias e barrios e de todos os perfís sociais. Compañeiros e compañeiras con gañas de aportar a súa experiencia e o seu traballo e que teñan a mesma ilusión que a candidata por facer de Arteixo un lugar mellor para vivir.

E a pesar do difícil que é elaborar unha candidatura, pensó que témolo conseguido.

Despois de moitos encontros e conversas e de escoitar as propostas da militancia en asamblea, estes son compañeiros e compañeiras elixidos para conformar a candidatura aprobada pola Comisión Executiva Municipal para ser refrendada polos diferentes órganos do partido.

1. Patricia Boedo Naya

2. Fernando Vázquez Martínez

3. Ana Cedeira Zas

4. Luis Vazquez Fernández

5. Charo Figuerias Icasuriaga

6. Juan Carlos Añón Álvarez

7. Eva Sánchez Ramilo

8. Martín Seco García

9. Vanesa Cerdeiro Lema

10. Daniel Turrado Vázquez

11. Virginia Vázquez Varela

12. Simón López Fernández

13. Cristina Calvo Espasandín

14. Julio Iglesias Fernández

15. Lucía Vázquez Mosquera

16. Pablo Hernández Pérez

17. Pilar Bello López

18. Faustino Vázquez Prego

19. Tamara Figueroa Cedeira

20. Secundino Núñez Ruíz

21. Lucinda Regueira Regueira

SUPLENTES:

22. Ángel Díaz Souto

23. Beatriz Pardo Aldao

24. Álvaro Esmorís Suárez

25. Raquel Martínez Vázquez  

Esta candidatura é a miña aposta persoal para gobernar Arteixo COA MIRADA NA XENTE  e non teño máis que palabras de agradecemento para todos e todas elas pero tamén para os que non están nesa lista pero sei que traballarán arreo para conseguir un cambio de goberno en Arteixo. Sen a vosa axuda non será posible.

Non temos tempo que perder. Comezamos!!