Socialistas de Arteixo

View Original

Solicitamos a declaración de Arteixo como Vila Refuxio do conflito en Ucraína

Dende a Agrupación Socialista de Arteixo condenamos rotundamente calquera solución bélica aos conflitos, e creemos que dende a nosa vila debemos colaborar coa situación na medida das nosas posibilidades.

 

Ante a actual situación de guerra entre Ucraína e Rusia os organismos internacionais calculan que xa saíron do país arredor de medio millón de persoas, que actualmente están acollendo de forma temporal os países máis próximos como Polonia ou Romanía.

 

A situación é dunha gravidade tan extrema que a Unión Europea vai a activar de forma inmediata o mecanismo que lles habilita a abrir as fronteiras a todos os refuxiados ucraínos, algo que aplaudimos e que se fai por primeira vez na historia.

 

Dende a Agrupación Socialista de Arteixo condenamos rotundamente calquera solución bélica aos conflitos, e creemos que dende a nosa vila debemos colaborar coa situación na medida das nosas posibilidades.

 

Por todo o exposto acabamos de solicitar ao Concello que se declare Arteixo como vila refuxio para as persoas refuxiadas por mor da guerra en Ucraína.