Socialistas de Arteixo

View Original

Presentamos a nosa proposta de reactivación económica e cultural para #Arteixo

Para facer fronte aos efectos económicos e sociais da COVID-19 é de extrema e urxente necesidade a preparación e aprobación dun Plan de reactivación económica, social e cultural; que colabore no mantemento e reconstrución do tecido socioeconómico do noso termo municipal.

Nese sentido o Partido Socialista solicitou no Pleno Municipal do 28 de maio deste ano a elaboración dese plan por parte do Goberno Municipal, con unha resposta moi Aznariana por parte do Partido Popular: “estamos trabajando en ello”. 120 días despois está á vista da cidadanía o resultado: ningún.

Visto o visto dende o Partido Socialista puxémonos a traballar internamente na elaboración dunha proposta, dun proxecto, que lles anexamos, para compartirllo á cidadanía, aos axentes económicos, e tamén -por suposto- ao Goberno de Carlos Calvelo.

Deste xeito esperamos que dende ese Goberno o tomen como base de partida para aprobar, nun prazo máximo de 30 días, e tras o oportuno diálogo con axentes e colectivos sociais, unha versión definitiva do mesmo. No PP teñen 12 concelleiros e 7 asesores -que cobrarán 1.632.000€ ao final deste mandato-, o que consideramos persoal suficiente para finalizalo nese tempo.

See this content in the original post