Socialistas de Arteixo

View Original

Presentación de Patricia Boedo como candidata socialista á alcaldía de Arteixo

O acto, que se celebrou no Centro Tecnolóxico de Arteixo con gran presenza de público, contou coas intervencións de Ana Cedeira, concelleira socialista en Arteixo; o secretario xeral dos socialistas de Arteixo e deputado autonómico, Martín Seco, e o deputado no Congreso e ex alcalde de San Sebastián, Odón Elorza.

 

O PSdeG-PSOE de Arteixo presentou hoxe a Patricia Boedo como nova candidata a alcaldía do PSdeG-PSOE de Arteixo nas eleccións do vindeiro mes de maio nun acto aberto á cidadanía no Centro Tecnolóxico de Arteixo ateigado de xente.

A nova candidata estivo acompañada no escenario polo deputado no Congreso, Odón Elorza, ex alcalde de San Sebastián e o secretario xeral dos socialistas de Arteixo e deputado autonómico Martín Seco, e coa presenza no acto doutros representantes socialistas como os deputados autonómicos Gonzalo Caballero, Pablo Arangüena e Noa Díaz; os deputados no congreso, Diego Taibo e Montserrat Chavarría así como os candidatos a alcaldía de Laracha, Ponteceso Padrón e Cambre ademais dos concelleiros e membros da executiva socialistas de Arteixo.

O acto comezou coa intervención do secretario xeral dos socialistas arteixáns, Martín Seco quen destacou.a capacidade de traballo da candidata e a súa cualificación para dirixir un concello que “é un transatlántico pero que de nada vale se a conducen como unha chalana”. Seco sinalou que o cidadanía terá que decidir entre dous proxectos moi diferentes, “entre unha política do século XX ou un goberno con servizos e oportunidades para todos.

Patricia Boedo contou ademáis co apoio do deputado vasco, Odón Elorza, ex alcalde de San Sebastián  quen animou a Patricia a escoitar a cidadanía para saber onde están as súas necesidades reais e puxo en valor as medidas que chegan á xente “grazas ás políticas progresistas do goberno de España que axudan a paliar os efectos da crise económica resultado da pandemia e da guerra de Ucraína” ao contrario do que él denominou “Feijootadas”

Na súa intervención Patricia Boedo afirmou que da este paso con “moita responsabilidade” pero tamén “coa ilusión de encabezar un proxecto que defenda os intereses da veciñanza de Arteixo despois de 12 anos dun goberno do PP que non e quen de aproveitar os excelentes recursos económicos do concello para mellorar a calidade de vida da xente  que aquí vive”.

“É preciso poñer todos os recursos económicos do concello ao servizo dos veciños e veciñas cun proxecto transformador e revitalizador que priorice o seu benestar. Sempre coa mirada na xente” explica Boedo.  E precisamente “Coa mirada na xente” é o lema elixido para a súa precampaña de cara as eleccións municipais

Para a candidata socialista “a nosa prioridade, a dos socialistas, é dar calidade de vida ás familias, aos maiores, aos nenos e nenas, á xuventude... para facer de Arteixo un lugar donde a xente queira e poida quedar”

“A miña preocupación, a nosa preocupación, a dos socialistas arteixáns é gobernar para a xente. Ese é o verdadeiro motivo polo que me presento como candidata á alcaldía, poñer todo o meu esforzo, a miña dedicación e traballo para construír entre todos ese Arteixo que merecen herdar os nosos fillos” recalcou Boedo quen tambén quixo enviar unha mensaxe de apoio ao traballadores de JEVASO presentes no acto.

No seu discurso, baseado en tres eixos, planificación estratéxica, políticas sociais e oportunidades para todos,  fixo tamén un repaso ás necesidades das parroquias do concello  e non faltou un apartado para a igualdade e a conciliación: “é moi doado falar de igualdade, de empoderamento, de que as mulleres deamos un paso adiante, de que asumamos responsabilidades e ocupemos cargos de relevancia, pero a realidade é que se non tes detrás un soporte familiar como o meu é prácticamente imposible facelo”

No acto tamén se proxectou un vídeo coas mensaxes de Sandra Ínsua, alcaldesa de Camariñas, como mostra das alcaldesas da provincia, e das presidentas do PSdeG, Carmela Silva e do PSOE, Cristina Narbona, que quixeron apoiar así á candidata socialista á alcaldía de Arteixo.


PATRICIA RAQUEL BOEDO NAYA

Patricia Boedo é veciña de Meicende. Diplomada en Maxisterio, na especialidade de Audición e Linguaxe e graduada en Educación Primaria. Traballou no CEIP San Xosé Obreiro donde foi xefa de estudios e na actualidade é mestra especialista en audición e linguaxe no CEIP Ponte dos Brozos.

Concelleira desde as eleccións do 2019 nas que formaba parte da lista do candidato á alcaldía, Martín Seco, é a voceira do grupo municipal socialista no concello de Arteixo desde maio de 2022 e vicesecretaria xeral da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo.