Reclamamos unha solución á falta de seguridade viaria da escola infantil de Vilarrodís <em> </em>
A Escola de Educación Infantil de Vilarrodís-Oseiro “carece de accesos peonís que cumpran as debidas características de seguridade e incluso de accesibilidade”, por iso, levaremos unha moción ao pleno para reclamar que se solucione “dunha vez por todas” esta situación.
Lamentamos que na actualidade non existan beirarrúas, o acceso rodado é a través de pistas, algunha delas estreita, e o acceso peonil realízase a través dos mesmos bordos destas pistas. “Moita xente incluso atravesa parcelas para achegarse, dada a falta de urbanización da zona”.
“Mentres que noutros concellos se utilizan os Camiños Seguros, pensar algo así neste concello e, especialmente na EI de Vilarrodís, é impensable”
“Mentres que noutros concellos se utilizan os Camiños Seguros para que os pequenos aprendan pouco a pouco a desenvolverse na súa ruta ao colexio, pensar algo así neste concello e, especialmente na EI de Vilarrodís, é impensable”, critica Simón López, voceiro do grupo municipal socialista.
Nesta moción requirimos ao Goberno local a que garanta a seguridade do acceso a pé dende o núcleo urbano de forma temporal e esixen que se comece a executar o plan especial do entorno da escola infantil de Vilarrodís prometido e presentado á Corporación e á cidadanía “sen que tiveramos máis noticias ao respecto”.
Camiños de Lañas e Chamín
Ao mesmo pleno presentaremos un rogo para que o Concello realice melloras en varios camiños das parroquias de Lañas e Chamín. No caso do Camiño da Canle (Lañas) e Camiño do Cabrón (Chamín) as queixas veciñais que os socialistas recolleron en sendas visitas, teñen que ver coa pavimentación de zahorra. “Xera moitos problemas e incluso situacións perigosas, sobre todo en inverno, para vehículos e persoas polo que pedimos que se pavimente dunha forma resistente e integrada no entorno”, expón López.
No caso do Camiño da Fonte ao Ferrador (Chamín), advertiremos ao Goberno local da recente diminución do ancho para que tome as medidas oportunas.