Socialistas de Arteixo

View Original

Patricia Boedo substitúe a Simón López como voceira do grupo municipal socialista de Arteixo

O PSdeG-PSOE de Arteixo propón á profesora no CEIP Ponte dos Brozos e veciña de Meicende, Patricia Boedo, como voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello.

A nova voceira municipal, Patricia Boedo, co secretario xeral do PSOE de Arteixo e deputado autonómico no Parlamento de Galicia, Martín Seco.

 

Arteixo, 04 de Maio de 2022 |  A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo, despois de escoitados os seis compañeiros e compañeiras do Grupo Municipal Socialista, decidiu propoñer o nomeamento da concelleira, Patricia Boedo, como voceira socialista no concello, co fin de darlle un pulo a actividade política do partido cara ás eleccións municipais de 2023.

O novo nomeamento faise unha vez rematado o proceso de renovación da dirección local do partido e ante a posta a disposición do actual voceiro municipal para ser relevado por outro compañeiro/a en dita responsabilidade.

A Executiva Local da Agrupación Socialista de Arteixo cre que a mestra do CEIP Ponte dos Brozos e veciña de Meicende, Patricia Boedo é, según o secretario xeral do PSOE arteixán, Martín Seco, “a voceira que necesita o noso partido para afrontar con garantías o proceso de preparación do proceso electoral que terá que afrontar o partido nas municipais de 2023.

Patricia Boedo, veciña de Meicende, é concelleira do PSdeG-PSOE dende o ano 2019, cunha longa experiencia no sistema educativo arteixán, exercendo de mestra durante 6 anos no CEIP San Xosé Obreiro, onde foi xefa de estudos durante 3 anos e actualmente é mestra especialista en audición e lingüaxe no CEIP Ponte dos Brozos, onde exerceu de mestra titora e é parte activa do recoñecido proxecto de innovación de dito centro.

“É unha nova responsabilidade para mín, pero agradezo a confianza dos compañeiros para liderar o grupo municipal no que queda de lexislatura” manifestou a nova voceira,”seguiremos a facer unha oposición firme con propostas realistas a un goberno municipal incapaz de xestionar. Queda un ano para poder cambiar esa situación e imos traballar arreo para conseguilo”

A dirección local do PSdeG-PSOE quere agradecer e poñer en valor o traballo realizado polo compañeiro Simón López durante estes dous anos nos que foi voceiro no concello e onde seguirá a exercer a súa boa labor como concelleiro.