Patricia Boedo presenta este domingo a candidatura completa dos socialistas de Arteixo ás eleccións municipais co lema “COA MIRADA NA XENTE”
O acto celebrarase o domingo 7 de maio ás 12.00 no auditorio do Centro Cívico e contará coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo
A candidata do PSdeG-PSOE de Arteixo, Patricia Boedo, presentará a candidatura completa do PSOE de Arteixo ás eleccións municipais o domingo 8 de maio ás 12:00 no auditorio do Centro Cívico co obxectivo de “gobernar para todos e todas nun Arteixo integrador e dialogante”
O acto contará coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo
Baixo o lema COA MIRADA NA XENTE, a candidata socialista presentará aos veciños e veciñas das distintas parroquias que a acompañan na lista do PSdeG-PSOE de Arteixo coa intención de “asumir como nosos os problemas da veciñanza e facer das súas demandas unha prioridade”.
“Para mellorar Arteixo é preciso estar en cada punto do territorio pero tamén no tecido social, educativo, asociativo e empresarial” afirma Boedo “Por iso esta candidatura está formada por 25 compañeiros e compañeiras representativos de toda a sociedade arteixá, desde todas as parroquias e barrios e de todos os perfís sociais. Compañeiros e compañeiras con gañas de aportar a súa experiencia e o seu traballo e que teñan a mesma ilusión que a candidata por facer de Arteixo un lugar mellor para vivir.”
A presentación da lista completa será o domingo 7 de maio ás 12:00 no auditorio do Centro Cívico.
CANDIDATURA PSDEG-PSOE ARTEIXO
1. Patricia Boedo Naya
2. Fernando Vázquez Martínez
3. Ana Cedeira Zas
4. Luis Vazquez Fernández
5. Charo FigueIrAs Icasuriaga
6. Juan Carlos Añón Álvarez
7. Eva Sánchez Ramilo
8. Martín Seco García
9. Vanesa Cerdeiro Lema
10. Daniel Turrado Vázquez
11. Virginia Vázquez Varela
12. Simón López Fernández
13. Cristina Calvo Espasandín
14. Julio Iglesias Fernández
15. Lucía Vázquez Mosquera
16. Pablo Hernández Pérez
17. Pilar Bello López
18. Faustino Vázquez Prego
19. Tamara Figueroa Cedeira
20. Secundino Núñez Ruíz
21. Lucinda Regueira Regueira
SUPLENTES:
22. Ángel Díaz Souto
23. Beatriz Pardo Aldao
24. Álvaro Esmorís Suárez
25. Raquel Martínez Vázquez