Socialistas de Arteixo

View Original

Patricia Boedo arranca a campaña en Suevos co nº 6 da candidatura, Juan Carlos Añón

Boedo: “Somos a alternativa á política do cemento de última hora do PP. Precisamos máis e mellores servizos que funcionen dende o primeiro día de mandato”

A candidata dos socialsitas de Arteixo, Patricia Boedo, iniciou hoxe a súa campaña electoral cun acto no Centro Social de Suevos acompañada do nº 6 da súa candidatura, Juan Carlos Añón, veciño desa parroquia.

O acto comezaba coa presentación de Juan Carlos Añón, quen manifestóu a súa emoción de arrancar esta campaña na súa parroquia, rodeado dos seus veciños para explicarlles de primeira man o programa dos socialistas arteixáns para o goberno municipal, pero sobre todo, as medidas concretas para mellorar a vida da veciñanza de Suevos. “Podo asegurarvos que o goberno que lidere Patricia Boedo si vai mirar polas necesidades da xente de Suevos”

A candidata socialista, Patricia Boedo, amosouse ben emocionada ante este inicio de campaña, porque lle daba a oportunidade de poder contarlles cara a cara aos veciños por qué  o Partido Socialista é a única alternativa posible para mellorar Arteixo.

“Somos a alternativa á política do cemento de última hora do PP. Precisamos máis e mellores servizos que funcionen dende o primeiro día de mandato” afirmaba Boedo no mitin en Suevos, para explicar que ademáis de infraestruturas é preciso atender aquelles servizos públicos que axudan a quen máis o necesita.

A candidata enumerou algunha das propostas de goberno do seu programa Coa Mirada na Xente, como a instalación de mecanismos para impedir altas velocidades de circulación dos vehículos pola Travesía de Suevos e prohibiremos a circulación por ela de vehículos pesados e a proxección dunha senda peonil segura por toda a Travesía de Suevos.

Outro dos eixos que proponen os socialistas para a parroquia é o control medio ambiental das instalacións do porto.o contol de os vertedoiros ilegais co uso de videovixilancia, mellorar  o sistema de recollida de lixo e a súa reciclaxe.

Patricia Boedo animou aos veciños e veciñas a participar coas súas suxestións e a votar ao PSOE de Arteixo  para “construír  un concello aberto e participativo a partir do 29 de maio”

Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá sábado dous actos de campaña: no Centro Social da Cachada ás 19:00 e no Bar Piñeir de Chamín ás 21:00