Socialistas de Arteixo

View Original

Patricia Boedo aposta por un concello verde e saudable 

Boedo: “Hai que rematar con desleixo deste goberno coas zonas rurais. No século XXI non pode haber parroquias con vivendas sen saneamento ou con vertedoiros incontrolados”

A candidata dos socialistas de Arteixo, Patricia Boedo, estivo hoxe coa veciñanza de Uxes explicando as propostas para este núcleo rural do concello.

Boedo insistiu neste encontro na necesidade de acabar co desleixo do goberno do Partido Popular coas zonas rurais de Arteixo que leva 12 anos gobernando e permitindo que algunhas parroquias non teñan algún servizos básicos. “No século XXI non pode haber parroquias con vivendas sen saneamento ou con vertedoiros incontrolados” por falta de dilixencia, explicou.

A candidata do PSOE de Arteixo quixo sinalar a importancia dun concello verde e saudable polo que propuxo medidas para “controlar os vertedoiros ilegais e evitar caso coma que hai aquí en Freán” ou para o control do ruído do tren en Uxes, así como  promover o uso das antigas vías sen uso como vias verdes.

Ademáis das medidas específicas do programa para Morás quixo lembrar de novo a necesidade de desenvolvemento do novo PXOM para a ampliación dos núcleos rurais, tras 12 anos esperando “por unha promesa incumprida do actual alcalde” así como o deslinde cos municipios limítrofes para núcleos como Souto e a Zapateira.

Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá mércores 17 de maio un acto  de campaña na Escola Aberta de Solymar ás 19:30