Patricia Boedo aposta pola dinamización dos núcleos rurais do concello con ventaxas fiscais en taxas e impostos locais.
Boedo: “Levamos 12 anos esperando por unha promesa incumprida. O PXOM é unha prioridade para a ampliación dos núcleos rurais”
A candidata dos socialistas de Arteixo, Patricia Boedo, estivo hoxe coa veciñanza da Cachada e Chamín explicando as propostas para estes núcleos rurais do concello.
Boedo lembrou hoxe a necesidade de desenvolvemento do novo PXOM para a ampliación dos núcleos rurais, porque “levamos 12 anos esperando por unha promesa incumprida do actual alcalde” e anunciou novas ventaxas fiscais en taxas e impostos locais e impulso de mecanismos de apoio ás actividades agrarias e gandeiras e unha redución do 20% da taxa do LIXO no rural con respecto á urbana.
Para a candidata socialista “cada núcleo do concello ten unhas necesidades diferentes que hai que atender” pero ademáis precisan de dinamización a través dos seus centros sociais “porque un edificio sen actividade non mellora a vida da xente” e de apoio ás asociación locais
Patricia Boedo tamén quixo poñer en valor patrimonio cultural e a dinamización do turismo e das actividades no rural.
Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá domingo 14 de maio dous actos de campaña: no bar O Cruce de Lañas ás 11:00 e na Escola de Barrañán ás 19:30.