Os socialistas propoñen a creación da Casa das Artes en Arteixo
Patricia Boedo: “Defendemos a cultura como un eixo transversal para a xuventude, os maiores, o emprego, a hostalaría e o turismo”
Os socialistas participaron hoxe na tradicional ofrenda floral a Manuel Murguía organizada pola Asociación de Veciños Manuel Murguía en Solymar onde tamén tiveron un encontro coa veciñanza á tardiña, no seu percorrido polas parroquias na campaña electoral.
En Solymar, a candidata socialista, Patricia Boedo, aproveitou o dia das letras galegas para sinalar a importancia de ampliar a oferta cultural no concello como “un eixo transversal para a xuventude, os maiores, o emprego, a hostalaría e o turismo” e fomentar o traballo de creadores locais.
“Precisamos unha CASA DAS ARTES, para ampliar a escola de música, dotar de locais de ensaio e espazos creativos para artistas locais e entidades culturais, ademais dun novo auditorio” explicou Boedo, e acusou ao actual goberno de ter olvidado ao tecido cultural que é un “sector estratéxico no só polo seu valor económico, senon polo seu valor patrimonial e smbólico, que inflúe tamén no turismo, o deporte e o emprego”.
A candidata socialista, acompañada de Eva Sánchez, a número 7 da candidatura socialista, tamén fixo un repaso das propostas para Solymar, incidindo especialmente no compromiso de proxectar o traslado das liñas de alta tensión de Solymar que tanto preocupa á veciñanza, así como un programa de ESPAZOS ABERTOS nos baixos baleiros e a instalación de fontes, bancos e zonas de lecer na urbanización coa eliminación de barreiras arquitectónicas e axudas para instalación de ascensores.
“Tamén melloraremos a presencia policial en toda a parroquia de Oseiro coa Policia de barrio” engadeu Patricia Boedo, “porque somos conscientes das peticións da veciñanza con respecto á falta de seguridade.
Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá xoves 18 de maio un acto de campaña en Casa Victoria de Morás ás 20:30