Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo presentan un novo parque de xogos da natureza e unha residencia de maiores para Pastoriza

Patricia Boedo: “Pastoriza necesita dun goberno que aposte por dotala de vida e dinamismo”

A candidata socialista, Patricia Boedo, presentou hoxe as propostas para Pastoriza no último encontro coa veciñanza polas distintas parroquias de Arteixo antes do peche de campaña deste venres.

Para a candidata socialista “Pastoriza necesita dun goberno que aposte por dotala de vida e dinamismo” polo que ademáis de mellorar o mobiliario e a mobilidade para o viandante, “convertindo a Travesía e Avenida de Pastoriza en rúas atractivas para o comercio e hostaleira”, nas súas propostas presentan un novo parque de xogos da natureza,, unha residencia de maiores e novos mecanismos residenciais como o cohousing ou cooperativa de vivendas.

Boedo tamén destacou que desenvolverán “o parque de Monticaño como un dos pulmóns verdes do concello para a veciñanza e como atractivo turístico”  e insistiu na importancia de mellorar a oferta cultural e lúdica, colaborando cos colectivos veciñais e culturais da parroquia, así como dinamizar a Romería de San Miguel e as festas do núcleo

No encontro tamén participou o parlamentario socialista, Pablo Arangüena que incidiu na importancia “poñer os 70 millóns de orzamento do concello de Arteixo a disposición da xente con políticas sociais de progreso”.

Os socialistas de Arteixo pechan a súa campaña electoral este venres na Praza das Viñas de Arteixo ás 20:00