Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo piden explicacións ao goberno local polo cambio de ubicación das verbenas da Festa das Flores

 O PSOE local demanda máis planificación e promoción das festas locais

Os socialistas de Arteixo pedirán explicacións ao goberno local no vindeiro pleno polo cambio de ubicación das verbenas da Festa das Flores que se celebran este fin de semana no Campo da Festa.

O PSOE local argumenta que nos últimos anos establecerase a localizacións das verbenas das festas do núcleo de Arteixo: as de Santiago no Campo da Festa, as de Santa Eufemia no Alto de Arteixo e as das Flores na Praza do Balneario, para darlle actividade a hostalería e comercio de diferentes zonas do núcleo arteixán, pero a piques de celebrar a Festa das Flores deste 2024, o goberno local “cambiou unilateralmente a localización das verbenas para o Campo da Festa”.

O grupo socialista expón que “unha vez máis o goberno local non só fai pouca promoción das festas e tarda moito en anuncialas, como se non quixese atraer a visitantes ao noso concello senón que cambia a ubicación sen ningún tipo de explicación” 

Ademais indican que “sorprenden algúns comentarios dunha suposta reunión do goberno con hostaleiros onde se di que esta modificación foi pedida polos grupos da oposición”, algo que o concelleiro Martín Seco, asegura que “nunca sucedeu”.

Para os socialistas arteixáns, as festas son unha fonte de actividade e diversión para a cidadanía, pero “tamén son un xeito de dinamizar o comercio e hostalaría do lugar onde se celebran, por iso é importante ter unha boa programación, unha boa promoción e facelas nas mellores localizacións posibles”.

Por todo isto, o Grupo Socialista no Concello de Arteixo preguntaralle ao goberno local cal foi o motivo do cambio de localización das verbenas da festa das flores deste 2024 e por que se fai tan pouca promoción e se anuncian tan tarde, pero tamén que explique se ogoberno local acusou falsamente á oposición de pedir o cambio de localización das verbenas.