Os socialistas de Arteixo piden explicacións ao goberno local polos cortes de auga no municipio
Unha incidencia na rede de abastecemento causou o vaciado dun depósito que subministra dende Sobrado e deixou sin auga á veciñanza de Pastoriza, Solymar e parte do núcleo de Arteixo.
O grupo municipal socialista de Arteixo pedirá explicacións ao goberno local sobre.a “incidencia grave” que provocou os cortes de auga no terceiro fin de semana de outubro.
Esa “incidencia grave” na rede de abastecemento causou o vaciado dun depósito que subministra dende Sobrado e deixou sin auga á veciñanza de Pastoriza, Solymar e parte do núcleo de Arteixo.
O portavoz socialista, Martín Seco, manifesta que “dende o concello se deron poucas explicacións, só se falou dunha avaría “grave” no sistema de abastecemento” que provocou que o depósito quedase sen auga que bombear, “pero descoñecemos cal foi esa avaría tan grave e porque se tardou tanto en reaccionar ante dito baleirado”.
Por outra banda, o voceiro socialista indica que o persoal de SUMARTE asignado ao servizo de abastecemento e recollida de augas denunciou hai poucas datas ante a inspección de traballo que a dirección da empresa SUMARTE se nega a sentarse a negociar cuestións como a xornada laboral, pese a solicitalo en dúas ocasións en xullo e setembro.
“No seu día se municipalizou o servizo de augas para darlle unha mellor calidade á veciñanza e abaratar o custe dos recibos, pero neste pleno os prezos volven subir e a calidade da auga que reciben os veciños non mellorou “ explica Seco que engade que tampouco mellorou a atención ás incidencias e ás obras que seguen a facer empresas contratistas pese a ter o antigo persoal de AUGARSA a disposición, “polo que existe unha mala organización e xestión da que debera dar contas o goberno local.”
Por todo isto, o Grupo Socialista no Concello de Arteixo rpeguntará no pleno cal foi a avaría tan grave que sucedeu na rede de subministro que deixou sen auga ao depósito de Sobrado e cal foi o motivo de que se actuase tan tarde para deixar á veciñanza de Pastoriza sen auga. Ademais os socialistas demandan saber que está a pasar para que a dirección da empresa SUMARTE non se reúna cos representantes dos traballadores/as pese a pedilo en dúas ocasións e cales son as reivindicacións dos representantes dos traballadores/as.