Os socialistas de Arteixo piden ao goberno local que incremente a vixilancia policial nos barrios do Petón e As Eiras en Meicende e que avance nas actuacións de rehabilitación da zona
O grupo municipal socialista lembra que levan denunciando a situación de inseguridade e a necesidade do plan de rehabilitación integral do barrio dende 2022.
O grupo municipal socialista levará de novo ao pleno a situación de inseguridade do barrio do Petón en Meicende e pídelle ao grupo municipal do Partido Popular que avance nas actuacións de rehabilitación necesarias no Petón e As Eiras, que incremente a vixilancia policial e actúe contra a mala iluminación que existe na Travesía de Meicende.
Os socialistas argumentan que levan tempo pedindo un plan de rehabilitación integral do barrio de O Petón e a finalización do das Eiras, porque estes barrios de Meicende “empeoraron nesta derradeira década as súas infraestruturas e a convivencia entre a súa ciudadanía”.
O PSOE de Arteixo sinala que dende a eliminación na cidade de A Coruña da barriada de Penamoa e posteriormente das vivendas que se situaban na recta de San José, lugares próximos ao núcleo de Meicende e focos tradicionais de venta de estupefacientes, “trouxo consigo o aumento de delincuencia e a aparición de novos focos de venda de drogas no barrio arteixán”.
A voceira socialista, Patricia Boedo, indica que os delincuentes buscan zonas de baixo valor urbanístico para establecer o seu negocio e “dende o concello de Arteixo temos a obriga de converter todos e cada un dos barrios de Meicende e Borroa en zonas atractivas para vivir, afastando a aqueles que queren degradar o noso territorio e convivencia da nosa veciñanza”.
Por todo iso, os socialistas consideran imprescindible a mellora urbanística do barrio de O Petón e As Eiras, así como das súas vías de comunicación e mobilidade, da súa accesibilidade, da iluminación, a creación e coidado de espazos comúns, e do seu mobiliario, da limpeza e mantemento das súas zonas verdes e da seguridade “para a mellora da calidade de vida da veciñanza, o fomento da convivencia e a eliminación das actividades delituosas que se producen no barrio”.
Ligazóns ás peticións anteriores para o barrio de O Petón:
O PSdeG-PSOE reclama un plan de rehabilitación integral para o barrio do Petón (Maio 2022)
O PSdeG-PSOE de Arteixo denuncia a situación de inseguridade que vive a veciñanza da rúa Rosa Chacel (Novembro 2022)
Os socialistas de Arteixo piden ao goberno local que explique as actuacións para a rehabilitación do barrio do Petón que antes se negaba a facer (Xaneiro 2023)