Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo instan ao goberno local a solucionar as emisións de po e ruído das actividades a carón do campo de fútbol de Pastoriza.

A veciñanza denuncia a aparición dunha enorme cantidade de po e un forte ruído nunha parcela que non ten ningunha identificación da actividade que se realiza, que non está valada e que provoca problemas respiratorios nunha zona moi transitada por nenos e maiores.

Os socialistas de Arteixo levarán ao pleno as queixas da veciñanza de Pastoriza polos efectos da actividade con escombros que se está a levar a cabo na parcela ao carón do campo de fútbol que provoca a aparición dunha enorme cantidade de po e un forte ruído.  

O grupo municipal socialista argumenta que a parcela non ten ningunha identificación da actividade que se está a realizar, non está valada e que provoca que a veciñanza teña problemas para respirar nunha zona moi transitada por nenos e maiores.

“Non somos coñecedores de se están a realizar esta actividade cos permisos oportunos e se fose así se os realizan dun xeito que sexa compatible coa salubridade da veciñanza que alí se atopa” sinala Patricia Boedo, a portavoz dos socialistas de Arteixo.

Ante esta situación os socialistas arteixáns pedirán ao grupo de goberno do PP “que tome todas as medidas necesarias” para rematar coa emisión de polvo e ruído que provoca esa actividade que se realiza ao carón do campo de fútbol de Pastoriza.