Socialistas de Arteixo

View Original

Os socialistas de Arteixo instan ao goberno local a elaborar un “inventario de telecomunicacións” que permita dotar de cobertura de banda larga e móbil a todo o concello.

O grupo socialista considera necesario determinar as zonas sen cobertura para poder formular as alegacións pertinentes á relación preliminar de zonas blancas e  grises de cobertura de redes NGA da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales co fin de dotar a toda a cidadaníade Arteixo das novas tecnoloxías.

O grupo municipal socialista de Arteixo presentará unha moción no pleno de abril para instar ao goberno local a elaborar un “inventario de telecomunicacións” que permita coñecer o estado real da cobertura de banda larga no concello, e  poder  formular así as alegacións pertinentes ás relacións preliminares de zonas blancas e  grises de cobertura de redes NGA da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y Infraestructuras Digitales co fin de dotar a toda a cidadanía de Arteixo das novas tecnoloxías.

Os socialistas arteixáns argumentan que o Goberno do Estado lanza ano tras ano diferentes programas co obxectivo de achegarse á universalización das redes públicas de comunicacións electrónicas capaces de proporcionar servizos de banda larga de moi alta velocidade (máis de 300 Mbps simétricos, escalables a 1 Gbps) a zonas sen cobertura adecuada nin previsións para a súa dotación no próximos tres anos, a través da concesión de axudas aos operadores de telecomunicacións.

As previsións son alcanzar unha cobertura ultrarrápida do 100% da poboación en 2025, o 89,5% nas zonas rurais. Desde 2018, o Goberno concedeu 900 millóns de euros en axudas públicas que mobilizaron 1.508 millóns de investimento público-privado para cubrir con redes de banda larga ultrarrápida a 4,7 millóns de vivendas.

Para levar a cabo estes programas, o Goberno do Estado lanza tódolos anos consultas sobre a relación preliminar de zonas blancas e grises de cobertura de redes de banda larga de nova xeración (redes NGA) da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales e sen cobertura de móbil.

O obxectivo da consulta é elaborar o mapa de zonas elixibles sen cobertura, paso previo ás convocatorias dos programas de axudas, que incentiva a instalación de equipamento e infraestrutura necesaria para o despregamento e prestación de servizos de banda larga e conexión móbil.

A portavoz dos socialistas de Arteixo, Patricia Boedo, sinala que os concellos poden realizar alegacións a esta relación preliminar para confirmar ou desmentir a relación preliminar e obter o mapa definitivo.

Pero en Arteixo, explica Boedo, “seguen a existir zonas sen cobertura de larga ancha e móbil axeitadas e sería bo que o goberno local elaborase un “inventario de telecomunicacións”, que determinase cales son esas zonas sen cobertura”  para poder formular así as alegacións pertinentes á relación preliminar de zonas blancas e grises de cobertura de redes de banda larga de nova xeración (redes NGA) da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales e sen cobertura de móbil, para completar a cobertura no concello de Arteixo.